Este evento está organizado pola EME e máis a Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo.
A ONU en 2025, proclamou o 11 de febreiro de cada ano como Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Nesta ligazón podes atopar a web.
Nesta edición 28 alumnas do IES Ricardo Mella de Vigo visitan a nosa Escola cun amplo programa de actividades que ocupará toda a mañá deste martes 11 de febreiro. Poderán participar nunha loita entre grupos para ver cal é quen de construir o muro máis resistente de terra armada (The Wall), en obradoiros de pinturas, xogar a quebracabezas mineral-metal-aplicación ou probar xogos científicos como Catching Fire.