Curso: Fotografía con Smartphone

Na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (vestíbulo)

Venres 29 de outubro (16.00-19.00 horas)

Venres 5 de novembro (16.00-20.00 horas)

Venres 12 de novembro(16.00-19.00 horas)

Inscrición a través de email a eme@uvigo.gal, ata o 20 de outubro.

Contidos:

1. A vantaxe de levar unha cámara no peto. Coñecemos o noso smartphone?

Saír de casa co posto e preparados para realizar boas fotografías é algo que debemos aproveitar, pero para iso debemos coñecer a máquina que manexamos. Sabemos sacarlle todo o seu partido?.

2. A maxia da composición.

A interesantísima teoría da imaxe: un adestramento para compoñer a través dunha pantalla.

3. A luz e o triángulo perfecto.

Diafragma, velocidade e ISO.

4. Conxelando e desconxelando as nosas imaxes.

5. O ISO e a peza do quebracabezas que nos faltaba.

6. A expresividade da profundidade de campo.

Entenderemos como e por que usar as distintas distancias focales. Como condicionan a identidade das nosas fotos?

7. Cociñando as nosas imaxes.

Penetramos no entretido mundo da edición: mediante aplicacións e programas como Lightroom acabaremos de enfornar as nosas fotografías.

8. Enviar, gardar e compartir.

Crearemos o noso propio arquivo fotográfico e compartiremos e enviaremos as nosas fotos ( Whatsapp, mail, Drive, Wetransfer, Airdrop…). Por suposto non nos esquecemos das redes sociais (Instagram, Facebook…)

9. Prácticas e visionado na aula.

O profesor:

Janite Lafuente nace en Santiago en 1980 e desde temperá idade toma contacto coa fotografía. Cursa o Grao Superior de Fotografía Artística no Mestre Mateo de Santiago e posteriormente o Grao Superior de Ilustración na Escola de Artes Antón Faílde de Ourense. Dedicándose profesionalmente á fotografía desde hai 20 anos, Janite conta na súa portafolio con imaxes nas que predominan as realizadas no ámbito da cultura. Asiduo de festivais e concertos foi xerando un arquivo de máis dúas décadas de música por toda España, sendo fotógrafo oficial dos festivais máis importantes de Galicia( ImaxinaSons, Portamérica, O Son do Camiño, Culturgal). Ademais de realizar fotos no ámbito cultural, Janite conta con estudo propio no que leva adiante encargos como fotógrafo publicitario ou realizando a foto fixa en proxectos audiovisuais.