A temática do concurso de fotografía Enfoca.RME 2026 “Fotografa os teus recursos mineiros e enerxéticos” son todos aqueles recursos mineiros e enerxéticos relacionados coas actividades persoas títuladas da Escola: xeración, transformación, transporte e uso de enerxía, enerxías renovables, explotación de minerais e de rochas, túneles e obras subterráneas, restauración de espazos mineiros, avaliación de impacto ambiental, fabricación e uso de materiais, explosivos etc.
Prazo
A data límite de recepción de fotos será o 1 de novembro de 2026, ás 20:00 horas. Calquera fotografía recibida despois desta data non poderá participar neste concurso.
Premios
Os premios do concurso serán os seguintes:
Categoría sénior (maiores de 16 anos)
– Primeiro premio: 300 € + diploma
– Segundo premio: 150 € + diploma
Categoría júnior (menores de 16 anos)
– Primeiro premio: Agasallo + diploma
Os premios estarán suxeitos á retención da porcentaxe de IRPF que corresponda.
Toda a información no folleto que se pode descargar desde a zona gris de máis arriba