Fotografa os teus recursos mineiros e enerxéticos
Bases de participación
1.º A temática do concurso de fotografía Enfoca.RME 2024 son os recursos mineiros e enerxéticos: xeración, transformación, transporte e uso de enerxía, enerxías renovables, explotación de minerais e de rochas, túneles e obras subterráneas, restauración de espazos mineiros, avaliación de impacto ambiental, fabricación e uso de materiais, explosivos etc.
2. º Admítense traballos tanto en branco e negro coma en cor realizados mediante calquera técnica fotográfica.
3.º Admitiranse un máximo de tres obras orixinais por autor/a, aínda que soamente unha delas poderá ser premiada. Non está permitido o emprego de ferramentas de IA xerativa para a creación das obras.
4.º As fotografías enviaranse en formato dixital.
5.º Cada fotografía terá o título da obra como nome do arquivo.
6.º As fotografías poderanse enviar en formato dixital a eme@uvigo.gal ou a través dun programa de transferencia de arquivos a eme@uvigo.gal. No email indicarase: título da obra e autor/a.
7.º A data límite de recepción de fotos será o 15 de novembro de 2024, ás 20.00 horas. Calquera fotografía recibida despois desta data non poderá participar neste concurso.
8.º As fotografías gañadoras imprimiranse e expoñeranse temporalmente no vestíbulo da EME xunto coas do resto de participantes. No caso de existir un número de fotografías tan elevado que non se permitise a súa completa exposición por motivos de espazo, o xurado do concurso encargarase de seleccionar un número apropiado.
9.º As fotografías presentadas ao concurso pasarán a ser propiedade exclusiva da EME, e non as poderá utilizar o autor/a noutros concursos ou publicacións. A EME poderá usalas para o que consideren oportuno. Nese caso, as fotografías utilizadas presentarán sempre unha referencia á súa autoría.
10.º A EME non se responsabiliza da incorrecta manipulación do material enviado por persoas alleas a esta institución ou por extravío do correo.
11.º A participación no concurso implica a plena aceptación destas bases.
Resolución do concurso
1.º O xurado estará formado por un fotógrafo/a profesional, un/ unha docente do Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, un/unha docente de Grao en Enxeñaría da Enerxía, un membro do persoal de administración e servizos da Universidade de Vigo e un representante do alumnado.
2.º A entrega de premios e o acto de inauguración da exposición temporal das fotografías terá lugar durante a celebración de Santa Bárbara, na primeira semana de decembro de 2024, a última hora da mañá, no vestíbulo da EME.
3.º O concurso fotográfico Enfoca.RME 2024 poderá anularse se non se presentan un mínimo de fotografías.
4.º O xurado rexeitará as fotografías que non cumpran o especificado nestas bases.
Premios
Os premios do concurso serán os seguintes:
Categoría sénior (maiores de 16 anos)
– Primeiro premio: 300 € + diploma
– Segundo premio: 150 € + diploma
Categoría júnior (menores de 16 anos)
– Primeiro premio: 150 € + diploma
Os fondos destinados a estes premios irán con cargo á aplicación orzamentaria correspondente.
Os premios estarán suxeitos á retención da porcentaxe de IRPF que corresponda.
Máis información
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Campus universitario
36310 Vigo
+34 986 813 423
eme@uvigo.gal