Carreira popular #SantaBárbara2024

1.- Que é? Con motivo da festividade de Santa Bárbara, patroa da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, o vindeiro día 29 de novembro de 2024 ás 12:00h celebrarase a XIV Carreira Popular Santa Bárbara organizada pola Delegación do Alumnado de dita escola.

2.- Quen pode participar? A carreira está aberta ás persoas da comunidade universitaria e tamén ás persoas externas (maiores de idade).

3.- Distancia e circuíto. O percorrido ten unha lonxitude total aproximada de 5000m polo circuíto de terra do campus Lagoas – Marcosende. A saída do circuíto será na parte sur do mesmo, e en sentido horario.

4.- Como inscribirse? As inscricións efectuaranse exclusivamente a través desta web (botón de innscricións máis abaixo). O prazo estará aberto ata as 23:59h do mércores 27 de novembro.

5.- Achega solidaria. Para participar cómpre achegar 1 kg de alimento non perecedoiro o mesmo dia da proba. Esta realizarase na liña de meta no momento da recollida de dorsais.

6.- Acreditación e recollida de dorsais. Poderán recollerse o mesmo día da carrera, ata 20 minutos antes do comezo, igual que as camisetas e sempre depositando o kilo de comida.

7.- Premios e agasallos. Entregarase un trofeo ás 3 primeiras persoas clasificadas nas diferentes categorías: internos masculinos, externos masculinos, internas femininas e externas femininas (Universidade de Vigo)

8.- Outra información de interese. As persoas participantes poderán empregar os vestiarios adxacentes para mudarse antes e despois da proba.

9.- Máis información e contacto

 

INSCRICIÓNS