A EME participará no EDUGAL 2025

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía participará con stand informativo propio na edición de 2025 de Edugal.

Edugal, que chega á súa décimo cuarta convocatoria, é o salón educativo de referencia en Galicia e trata de dar resposta ás necesidades de información sobre a oferta formativa e orientación educativa de estudantes, centros, profesionais da educación e familias. Ten como obxectivo dar continuidade á orientación académica e facilitar unha adecuada elección para tomar unha decisión sobre o futuro profesional.

A web de Culturgal: edugal.es