O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. Na década de 1970, o ano 1975 foi designado pola ONU como o Ano Internacional da Muller, e o día 8 de marzo foi adoptado como o Dia Internacional polas Nacións Unidas, coa finalidade de lembrar as conquistas sociais, políticas e económicas das mulleres, independentemente de divisións nacionais, étnicas, lingüísticas, culturais ou políticas.
O lema do ano 2025 proposto pola ONU é “Igualdade de dereitos. Igualdade de oportunidades. Igualdade de poder”.
A UVigo ten o seu propio lema que é “Memoria e acción”. O acto institucional da Universidade será o 6 de marzo en Ourense. Nesta ligazón podes consultar o programa do evento.
A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía súmase ás actividades relacionadas co Día da Muller o mércores 19, día no que se fará entrega dos premios do Concurso fotográfico Mulle_Rme e haberá unha sesión de videofórum.