O perfil de egreso correspóndese con profesionais do ámbito da enxeñaría que coñecen os usos dos recursos minerais, os procesos tecnolóxicos asociados á súa procura, extracción e transformación para obter as materias primas minerais necesarias para a industria. Ademais, trátase de profesionais capaces de expor solucións sostibles e nun modelo de economía circular, polo que se forman para coñecer as tecnoloxías de reciclaxe, redución e reutilización de residuos mineiros e industriais. Tamén se forman para planificar e xestionar recursos enerxéticos, incluíndo xeración, transporte, distribución e utilización.

As persoas egresadas da titulación poderán acceder a estudos de doutoramento.