CB1 Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencas xerais
CG1 Capacidade de interrelacionar todos os coñecementos adquiridos, interpretándos como compoñentes dun corpo do saber cunha estrutura clara e unha forte coherencia interna.
CG2 Capacidade de desenvolver un proxecto completo en calquera campo desta enxeñería, combinando de forma adecuada os coñecementos adquiridos, accedendo ás fontes de información necesarias, realizando as consultas precisas e integrándose en equipos de traballo interdisciplinar.
CG3 Propoñer e desenvolver solucións prácticas, utilizando os coñecementos teóricos, a fenómenos e situacións-problema da realidade cotiá propios da enxeñería, desenvolvendo as estratexias adecuadas.
CG4 Favorecer o traballo cooperativo, as capacidades de comunicación, organización, planificación e aceptación de responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar, que favoreza a educación para a igualdade, para a paz e para o respecto dos dereitos fundamentais.
CG5 Coñecer as fontes necesarias para dispoñer dunha actualización permanente e continua de toda a información precisa para desenvolver o seu labor, accedendo a todas as ferramentas, actuais e futuras, de procura de información e adaptándose aos cambios tecnolóxicos e sociais.
Competencias transversais
CT1 Coñecer e manexar a lexislación aplicable ao sector, coñecer a contorna social e empresarial e saber relacionarse coa administración competente integrando este coñecemento na elaboración de proxectos de enxeñería e no desenvolvemento de calquera dos aspectos do seu labor profesional.
CT2 Capacidade para organizar, interpretar, asimilar, elaborar e xestionar toda a información necesaria para desenvolver o seu labor, manexando as ferramentas informáticas, matemáticas, físicas, etc., necesarias para iso.
CT3 Concibir a enxeñería nun marco de desenvolvemento sostible con sensibilidade cara a temas ambientais.
CT4 Entender a transcendencia dos aspectos relacionados coa seguridade e saber transmitir esta sensibilidade ás persoas da súa contorna.
CT5 Tomar conciencia da necesidade dunha formación e mellora continua de calidade, desenvolvendo valores propios da dinámica do pensamento científico, mostrando unha actitude flexible, aberta e ética ante opinións ou situacións diversas, en particular en materia de non discriminación por sexo, raza ou relixión, respecto aos dereitos fundamentais, accesibilidade, etc.
CT6 Capacidade para comprender o significado e aplicación da perspectiva de xénero nos distintos ámbitos de coñecemento e na práctica profesional co obxectivo de alcanzar unha sociedade máis xusta e igualitaria.
CT7 Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.
CT8 Sustentabilidade e compromiso ambiental. Uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos.
Competencias específicas
Formación básica
CE1 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan exporse na enxeñería. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
CE2 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador.
CE3 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos computadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñería.
CE4 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñería.
CE5 Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñería.
CE6 Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
CE7 Capacidade para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias para a súa aplicación nos problemas de Enxeñería.
CE8 Comprensión dos conceptos de aleatoriedad dos fenómenos físicos, sociais e económicos, así como de incerteza.
CE9 Coñecementos de cálculo numérico básico e aplicado á enxeñería.
Competencias específicas (Módulo Común)
CE10 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica e da termodinámica e a súa aplicación para a resolución dos problemas propios da enxeñería. Transferencia de calor e materia e máquinas térmicas.
CE11 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios e tecnoloxía de materiais.
CE12 Coñecemento de xeotecnia e mecánica de solos e de rocas.
CE13 Coñecemento de resistencia de materiais e teoría de estruturas.
CE14 Coñecemento dos principios de mecánica de fluídos e hidráulica.
CE15 Coñecementos fundamentais sobre o sistema eléctrico de potencia: xeración de enerxía, rede de transporte, repartición e distribución, así como sobre tipos de liñas e condutores. Coñecemento da normativa sobre baixa e alta tensión. Coñecemento de electrónica básica e sistemas de control.
CE16 Capacidade para aplicar metodoloxías de estudos e avaliacións de impacto ambiental e, en xeral, de tecnoloxías ambientais, sustentabilidade e tratamento de residuos.
CE17 Coñecementos e capacidades para o cálculo, construción e deseño de máquina.
CE18 Coñecemento da metodoloxía, xestión e organización de proxectos.
CE19 Coñecementos sobre o modelado e simulación de sistemas.
Competencias específicas (Módulo Enerxía)
CE20 Coñecemento aplicado dos fundamentos de obras e instalacións hidráulicas. Planificación e xestión de recursos hidráulicos.
CE21 Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas.
CE22 Coñecemento sobre sistemas eléctricos de potencia e as súas aplicacións.
CE23 Capacidade para o deseño de centrais eléctricas.
CE24 Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente ara a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñería química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores.
CE25 Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñería da reacción química, deseño de reactores, e valoración e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
CE26 Coñecemento aplicado dos fundamentos de operacións básicas de procesos.
CE27 Coñecemento aplicado dos fundamentos de procesos de refino, petroquímicos e carboquímicos.
CE28 Coñecemento aplicado dos fundamentos de enerxías alternativas e uso eficiente da enerxía.
CE29 Coñecementos aplicados de enxeñería térmica.
CE30 Coñecemento aplicado sobre enerxías renovables.
CE31 Coñecemento aplicado dos fundamentos de loxística e distribución enerxética.
CE32 Coñecemento aplicado dos fundamentos de aproveitamento, transformación e xestión dos recursos enerxéticos.
CE33 Coñecemento aplicado dos fundamentos de industrias de xeración, transporte, transformación e xestión da enerxía eléctrica e térmica.
CE34 Capacidade para aplicar os coñecementos de motores e máquinas térmicas aos problemas que poidan exporse na Enxeñería.
CE35 Capacidade para aplicar as Tecnoloxías Ambientais aos problemas que poidan exporse na Enxeñería Térmica.
CE36 Capacidade de análise da problemática da seguridade e saúde nos proxectos, plantas ou instalacións.
CE37 Capacidade para a xestión de auditoras de instalacións de enerxía.
CE38 Comprensión e dominio dos conceptos sobre aforro e eficiencia enerxética, así como xestión da mesma e a súa aplicación para a resolución dos problemas propios da enxeñería enerxética.
CE39 Capacidade para a innovación no desenvolvemento de novas liñas, proxectos e produtos no campo da Enxeñería enerxética.
CE40 Capacidade para analizar o réxime económico de funcionamento dos sistemas de produción de enerxía eléctrica. Coñecer o mercado de enerxía eléctrica.
CE41 Coñecemento e capacidade de aplicación da normativa relacionada coa eficiencia enerxética.
CE42 Coñecer os sensores para medida de variables físicas.
CE43 Capacidade para seleccionar e utilizar sistemas de adquisición de datos e instrumentación electrónica.
Neste sitio empréganse cookies para mellorar a experiencia de usuario.
Coa túa navegación, prestas o teu consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal. De acordoMáis info
Privacy & Cookies Policy
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these cookies, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may have an effect on your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.