A Escola celebra anualmente dúas festividades significativas que resaltan a identidade e os valores da institución: o día de Santa Bárbara, o 4 de decembro, e o Día da Enerxía, o 14 de febreiro.

O 4 de decembro, a comunidade académica reúnese para honrar a Santa Bárbara, a patroa dos mineiros. Esta celebración ten unha profunda importancia histórica e cultural para a escola, xa que Santa Bárbara é símbolo de protección e seguridade en traballos do sector dos recursos mineiros.

Por outra banda, o 14 de febreiro celébrase o Día da Enerxía, unha festividade relativamente nova que reflicte a implicación da escola cara ao campo da enerxía. Este día dedícase a resaltar a importancia da enerxía no desenvolvemento sostible e a innovación tecnolóxica.

Ademais, con motivo de ambas as dúas datas, organízanse actividades lúdicas e académicas, como a carreira de Santa Bárbara, concursos e conferencias etc. que fomentan a implicación da comunidade académica, do PAS e do estudantado co centro.

Santa Barbara 2018

 

Conferencia: “A enerxía do futuro: tecnoloxía, sustentablidade e competitividade” impartida por Rocío Prieto González, Enxeñeira de Minas. Subdirectora de Gas Natural na Dirección de Enerxía da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia. Líder do grupo europeo de GNL do CEER.

 

Conferencia: “Saídas profesionais no ámbito da Enxeñaría de Minas”, impartida por Juan José Iglesias, Decano Delegado en Galicia do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do NO.

 

Entrega do Premio ao Mellor Expediente do Máster Universitario en Enxeñaría de Minas do curso 2017/18, premio concedido polo COIMNE. Este ano o premio foi para Enrique Alonso Villar.

 

Entrega dos Premios do II Concurso de Fotografía ENFOCA.RME, premios financiados pola Cámara Oficial Mineira de Galicia.