
Na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía traballamos na prioridade da Universidade de Vigo de impulsar unha cultura da igualdade e de inclusión, para conseguir que todas as persoas que conforman a comunidade universitaria poidan desenvolver a súa actividade con dignidade e nun espazo inclusivo e libre de violencias de xénero.
Todas as políticas encamiñadas a conseguir ese obxectivo xéstanse na oficina da Unidade de Igualdade (www.uvigo.gal/campus/igualdade). Todos os centros da UVIGO teñen un enlace de igualdade, unha persoa que actúa de vínculo entre o alumnado, PDI e PAS dos centros e a Unidade. Neste centro, o enlace de igualdade é Generosa Fernández Manin, profesora da escola.
- Concurso de microrrelato Contos_EME 2024
- 8 de marzo de 2025: Día Internacional da Muller.1) O lema deste ano na ONU é “Igualdade de dereitos. Igualdade de oportunidades. Igualdade de poder.”2) Na Universidade o lema é “Memoria e acción” . Este ano o acto institucional será o 6 de marzo en Ourense.
3) Na Escola faremos o día 19 a entrega dos premios do Concurso fotográfico Mulle_Rme e unha sesión de videofórum
Novas e eventos relacionados coa Igualdade
8 de marzo. Día Internacional da Muller
19 de marzo
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía