Desde fai varias edicións, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo é convidada a participar no Cartel des Mines. Dito evento celébrase en diferentes cidades cada ano. En 2019, IMT Mines Albi, situado no sur de Francia, será a institución anfitrioa da 46ª edición do Cartel de Minas. Durante 3 días, alí reuniranse tódalas Escolas de Minas de Francia (París, Nancy, Saint-Etienne, Douai, Nantes, Ales, Albi-Carmaux) e escolas convidadas como Vigo, Oviedo, Bochum e Emines de Benguerir (Marrocos).
Este acontecemento deportivo e festivo consiste en que preto de 2000 estudantes asistentes compiten nunha ducia de deportes por equipos ou individuais. Nesta edición (2019) os deportes nos que se poderá participar son:
- Fútbol
- Baloncesto
- Voleibol
- Balonmán
- Rugby
- Tenis
- Cros
- Relevos tanto de natación como de atletismo
- Cada ano contase con algún deporte invitado e nesta ocasión serán petanca e escalada
Nesta edición tamén haberá actividades máis enfocadas ao lecer como son o concurso de DJs e de FIFA 2019. Converténdose así nunha oportunidade ideal para que as delegacións establezan vínculos nacionais e internacionais e estreitar lazos cos compañeiros da túa escola.
Polo tanto, do 25 ao 28 de abril de 2019 un grupo de estudantes da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo viaxará a Albi para participar neste evento internacional e aproveitar ao máximo a experiencia.