As prácticas externas extracurriculares realízanse aparte do plan de estudos.
Os graos da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía non teñen prácticas curriculares. Pero podes realizar prácticas extracurriculares e solicitar recoñecemento de ECTS de carácter optativo (até un máximo de 12 ECTS). Nese caso os créditos recoñecidos non levan cualificación.
No Máster Universitario en Enxeñaría de Minas e no Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga, as prácticas son unha materia obrigatoria de segundo curso, son prácticas curriculares.
As prácticas do estudiantado de Grao (extracurriculares) tramítanse a través da FUVI (Fundación Universidade de Vigo). Podes contactar a través do correo practicas@fundacionuvigo.es ou ben no teléfono 986 814 086.
As prácticas do estudiantado do Máster Universitario en Enxeñaría de Minas (curriculares) tramítanse directamente no centro. Podes porñerte en contacto co coordinador de prácticas da nosa Escola, Javier Taboada Castro no correo jtaboada@uvigo.es.
As prácticas do estudantado do Máster Universitario en Xestión Sostible da Agua (curriculares) tramítanse directamente no centro. Podes poñerte en contacto coa coordinadora de prácticas da titulación, María Araújo Fernández no correo maraujo@uvigo.gal
Ver a normativa das prácticas externas curriculares MUXSA
Prácticas externas extracurriculares
Coordinación das prácticas externas MUEM
Javier Taboada Castro
+34 986 813 796
jtaboada@uvigo.es
Coordinación das prácticas externas MUXSA
María Araújo Fernández
+34 986 811 923
maraujo@uvigo.gal