O TFM representa un contacto formal do alumnado coa realidade profesional na que se vai a integrar ao finalizar os seus estudos e, como actividade formativa que é, pretende que o alumnado realice, de xeito activo, un traballo aplicado e de conxunto, frecuentemente multidisciplinar, no que poñan en práctica as competencias que se lle van a requirir no exercicio profesional. Dende este punto de vista, debe consistir nun traballo individual de suficiente nivel e complexidade onde se engloben algún dos seguintes perfís:

Perfil académico ou investigador
Require do alumnado a integración e aplicación de coñecementos adquiridos ao longo dos seus estudos.

Perfil profesional
Tratase de resolver un problema de enxeñaría mediante a integración dun conxunto de conceptos, desenvolvementos, resolucións, e toma de decisións a partir das cales o alumnado amose a súa capacitación para atopar unha solución viable dende os puntos de vista tecnolóxico, orzamentario e de execución material.

Normativas do TFM

Ofertas Temáticas do TFM

Formularios de Proposta do TFM

 

TFM CON ENTIDADES EXTERNAS (EMPRESAS E INSTITUCIóns)

Programa colmea de ideas
Programa de innovación aberta. Entidades externas lanzan á contorna universitaria un desafío, unha necesidade ou un problema co fin de que o estudantado expoña y desenvolva, no seu TFM, posibles solucións ou melloras.

Estadías para a realización do TFM en colaboración con entidades externas
Convenio específico entre UVIGO e entidade externa
Responsable da tramitación: coordinador/a do TFM

 

CALENDARIO DE DEFENSA DO TFM

Convocatoria Solicitude Defensa
Xuño 30/04/2025 06/06/2025 – 01/07/2025
Xullo 30/04/2025 01/07/2025 – 28/07/2025

(*) A defensa do TFM na convocatoria adiantada (finais ano 2024) require nova matrícula na materia TFM no curso 2024/2025.

PREMIOS TFM

Convocatorias de premios de TFM. Calidade lingüística en galego, inclusión da perspectiva de xénero, ODS e sostenibilidade, ámbito auga, ámbito xeomática, etc.

Máis información

 

Coordinación do Traballo Fin de Máster

Elena Alonso Prieto
+34 986 813 775
ealonso@uvigo.es

O TFM representa un contacto formal do estudantado coa realidade profesional na que se vai a integrar ao finalizar os seus estudos e, como actividade formativa que é, pretende que o alumnado realice, de maneira activa, un traballo aplicado e de conxunto, frecuentemente multidisciplinar, no que poñan en práctica as competencias que se lle van a requirir no exercicio profesional. Desde este punto de vista, debe consistir nun traballo orixinal realizado individualmente, no que se identifique o proxecto ou o problema a resolver, así como as restricións sociais, xurídicas, de seguridade, ambientais, económicas e tecnolóxicas.

O TFM pode consistir nun traballo de investigación ou de deseño, ou de estudos de desenvolvemento científico ou técnico, sempre relacionados coas distintas materias ou co ámbito do Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga.

Normativas do TFM DE MUXSA

FORMULARIOS

TFM CON ENTIDADES EXTERNAS (EMPRESAS E INSTITUCIÓNS)

Programa colmea de ideas

Programa de innovación aberta. Entidades externas lanzan á contorna universitaria un desafío, unha necesidade ou un problema co fin de que o estudiantado expoña e desenvolva, no seu TFM, posibles solucións ou melloras.

Estadías para a realización do TFM en colaboración con entidades externas

Convenio específico entre UVigo e entidade externa
.
Responsable da tramitación: coordinador/a do TFM.