O TFG representa, na maioría dos casos, o primeiro contacto formal do estudantado coa realidade profesional na que se vai a integrar ao rematar os seus estudos e, como actividade formativa que é, pretende que o estudantado realice, de xeito activo, un traballo aplicado e de conxunto, frecuentemente multidisciplinar, no que poñan en práctica as competencias que se lle van a requirir no exercicio profesional. Desde este punto de vista, debe consistir nun traballo individual de suficiente nivel e complexidade onde se engloben algún dos seguintes perfís:

Perfil académico ou investigador
Require do estudantado a integración e aplicación de coñecementos adquiridos ao longo dos seus estudos.

Perfil profesional
Tratase de resolver un problema de enxeñaría mediante a integración dun conxunto de conceptos, desenvolvementos, resolucións, e toma de decisións a partir das cales o estudantado amose a súa capacitación para atopar unha solución viable desde os puntos de vista tecnolóxico, orzamentario e de execución material.

Normativas do TFG

 

Traballo Fin de Grao 2025/2026

Ofertas temáticas do TFG

Formulario do TFG

TFG CON ENTIDADES EXTERNAS (EMPRESAS E INSTITUCIóns)

Programa colmea de ideas
Programa de innovación aberta. Entidades externas lanzan á contorna universitaria un desafío, unha necesidade ou un problema co fin de que o estudantado expoña y desenvolva, no seu TFG, posibles solucións ou melloras.

Estadías para a realización do TFG en colaboración con entidades externas
Convenio específico entre UVIGO e entidade externa
Responsable da tramitación: coordinador/a do TFG

CALENDARIO DE DEFENSA DO TFG

Convocatoria Solicitude Defensa
Outubro* 30/04/2025 6/10/2025 – 7/10/2025
Febreiro* 26/11/2025 23/02/2026 – 24/02/2026
Xuño* 29/04/2026 29/06/2026 – 30/06/2026
Xullo* 29/04/2026 27/07/2026 – 28/07/2026

(*) A defensa do TFG en Fin de Carreira require nova matrícula na materia TFG no curso 2025/2026.

PREMIOS TFG

Convocatorias de premios de TFG. Calidade lingüística en galego, inclusión da perspectiva de xénero, ODS e sostenibilidade, ámbito auga, ámbito xeomática, etc.

Máis información

 

Coordinación do TFG

Grao ERME

Iria Feijóo Vázquez
+34 986 130 309
ifeijoo@uvigo.es