Rivas Brea, Teresa

Rivas Brea, Teresa
Profesor/a titular de universidade

Área de Explotación de minas

Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Currículo

Doutora en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996. Desde o ano 2009, é Profesora titular de universidade con destino na EME da Universidade de Vigo a creditada como catedrática. Previamente a este posto, gozou de varias bolsas postdoctorales e contratos de investigación tanto na Universidade de Santiago como na Universidade de Vigo. Imparte docencia na EME, no Grao en enxeñaría dos recursos mineiros e enerxéticos e no Máster en Enxeñaría de Minas. Investiga no eido da caracterización das rochas ornamentais, especialmente os granitos, e tamén doutros materiais usados no patrimonio cultural, así como no estudo dos procesos de deterioro nos monumentos. Liderou varios proxectos competitivos sobre a mellora das técnicas de limpeza (incluido o laser), consolidación e desalación de granitos e participa actualmente en proxectos centrados no estudio do efecto do láser en pintura mural. A súa traxectoria investigadora, que comezou no ano 1990, reflíctese en numerosas publicacións en revistas de prestixio e nunha importante actividade de divulgación científica en congresos e simposios. É docente no Ciclo Intensivo de Maiores da Universidade de Vigo e participa activamente en actividades de divulgación científica con perspectiva de xénero.

Información de contacto

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Despacho 18
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

986811922
trivas@uvigo.gal