Pozo Antonio, Iago

Pozo Antonio, Santiago
Profesor titular de Universidade

Área de Explotación de minas

Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente

Currículo

Enxeñeiro de Minas, especialidade ambiental e mineira e Doutor en Tecnoloxía Ambiental pola Universidade de Vigo en 2013, obtendo o Premio Extraordinario de Doutoramento.

A súa liña de investigación céntrase na caracterización de materiais do patrimonio cultural tangxible e na avaliación de tratamentos de conservación, especialmente a limpeza con láser. Ademais do granito, traballa con pinturas tradicionais e modernas, así como con morteiros.

Imparte docencia universitaria desde 2012. É coautor de máis de 100 artigos en revistas de prestixio internacional e participa activamente en congresos, reunións e asociacións vinculadas ao Patrimonio Cultural, como TechnoHeritage, Grupo Especializado de Química para o Estudo e Conservación do Patrimonio Cultural etc. Participou en máis de 20 proxectos de investigación/contratos con empresas, sendo algúns deles con colaboración internacional. Ademais de realizar estadías curtas en institucións internacionais como Nottingham Trent University (Reino Unido), realizou tres de investigación cunha duración de 1 ano cada unha: Getty Conservation Institute (Los Angeles, EEUU), Instituto Superior Técnico (Lisboa, Portugal) e Institute of Electronics Structure and Laser-Foundation for Research and Technology-Hellas (IESL-FORTH-Hellas, Creta, Grecia).

Ata 2024, codirixiu 27 Traballos Fin de Grao e Máster e 4 teses de doutoramento.

Información de contacto

Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Despacho Laboratorio 103
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

986130211
ipozo@uvigo.gal