
Área de Máquinas e motores térmicos
Departamento de Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos
Graduada en Enxeñaría da Enerxía (2014) e Enxeñeira de Minas (2016) pola Universidade de Vigo. Doutora en Eficiencia Enerxética e Sostibilidade na Enxeñaría e na Arquitectura pola mesma universidade (2020). As súas liñas de investigación céntranse na optimización de sistemas de enerxía térmica renovable e a súa aplicación á mellora da eficiencia enerxética nos edificios. É coautora de máis de 20 artigos JCR, mais de 25 contribucións a congresos nacionais e internacionais e participante en máis de 10 proxectos de investigación subvencionados e/ou colaboración con empresa. Realizou estancias de investigación no Grupo de Enerxía e Propulsión (Universidade da Coruña), Technische Universität Berlin (Alemaña) e University of Toronto (Canadá). Codirixiu 11 traballos fin de grao, 5 traballos fin de máster e unha tese de doutoramento. Actualmente é a subdirectora de Divulgación Científica e Captación de Alumnado da Escola de Enx. de Minas e Enerxía.
Información de contacto
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Despacho 128
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
986813423
rporozco@uvigo.gal