Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente
Graduouse en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos pola Universidade de Vigo en 2020 e completou o Mestrado en Enxeñaría de Minas, tamén pola Universidade de Vigo en 2022.
Actualmente traballa no grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas do CINTECX nunha tese doutoral centrada en investigacións relativas á seguridade viaria; principalmente, a súa investigación trata do estudo da aplicabilidade do paradigma de Digital Twin á mellora da seguridade viaria, a dixitalización da infraestrutura de transporte de forma eficiente e ao estudo de técnicas de cuantificación do risco na estrada mediante indicadores subrrogados e simulacion microscópica.