Yáñez Díaz, Remedios

Yañez Díaz

Profesor/a titular de universidade

Área de Enxeñaría Química
Departamento de Enxeñaría Química

Información de contacto

Escola de Enxeñaría Industrial
Edificio Fundición
Planta 1, Despacho 7
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo

+34 986 818 793
reme@uvigo.es

Breve CV

Licenciada en Ciencias Químicas en 1996 pola USC e Doutora en Química pola Universidade de Vigo en 2005, con premio extraordinario. Na actualidade é Profesora Contratada Doutora na Universidade de Vigo. Con anterioridade, investigadora dos Programas “Isidro Parga Pondal” e “Angeles Alvariño” entre 2007 e 2014. Anteriormente bolseira posdoutoral e investigadora do Programa “Juan de la Cierva” na Universidade de Huelva. Actividade investigadora centrada na valorización de biomasa de orixe forestal e subprodutos industriais para a obtención de produtos de gran valor engadido. Como resultado da súa actividade publicou máis de cuarenta artículos en revistas internacionais recollidas no JCR. É coautora dunha patente (P2008030026) e presentou numerosas comunicacións en congresos nacionais e internacionais. Participou en proxectos do Plan Nacional de I+D+i, proxectos internacionais e proxectos con financiamento autonómico, sendo investigadora principal en 2 destes últimos. Ademais, colaborou en varios contratos de investigación con empresas. Disfrutou dunha estadía de 6 meses no Instituto Nacional de Ingeniería de Lisboa (Portugal) e de 3 meses no Institute of Food Research of Norwich (Reino Unido). Participou en 3 proxectos o contratos de carácter internacional, sendo o último unha ERANET. Realizou numerosos cursos de formación, moitos relacionados coa innovación docente. Merece a pena destacar que publicou un libro docente e que participou nun proxecto de innovación docente. Desde o año 2004, impartiu docencia en diversos títulos de Grado e Mestrado. Participou na organización de actividades científicas, entre as que se inclúen congresos e cursos. Dirixiu dúas Teses de Doutoramento defendidas no 2012 e 2015, respectivamente, e numerosos proxectos fin de Carreira e fin de Máster. Posúe a acreditación da ANECA para Profesor Titular de Universidade (2011).

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Enxeñaría da Enerxía

V09G291V01105 | Química: Química

2º cuadrimestre

Investigación

Grupo de investigación

Enxeñería Química