Catedrático/a de universidade
Área de Física Aplicada
Departamento de Física Aplicada
Información de contacto
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Despacho M06
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
Breve CV
Licenciado en CC Físicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990. Doutor en Física pola Universidade de Vigo en 1996. Desde 2020 é Catedrático de Universidade. Ten concedidos cinco sexenios de investigación CNEAI. A súa investigación no Grupo de Enxeñaría Física céntrase na Óptica Aplicada, Fotónica e Tecnoloxías Láser. Participante en 30 proxectos de investigación/contratos con empresas das distintas convocatorias públicas e privadas. É coautor dunhas 80 publicacións indexadas en SCOPUS (Author IDE: 6701371723), máis 50 publicacións en congresos e colaborou na organización de 14 reunións científicas. Neste ámbito dirixiu 2 Tese Doutorais, 1 DEA, 2 PFC e 13 TFM. Actualmente dirixe 2 Teses Doctorais. É avaliador externo da PUCP-Perú, da ANPCYT-República Arxentina desde e da ANEP-España. É censor habitual de 22 revistas internacionais moitas delas con alto impacto no JCR ou SJR. É Editor Asociado do Journal of the European Optical Society. Incorporouse á docencia universitaria o curso 1990/1991. Ten concedidos seis quinquenios docentes Ten dous informes Moi Favorable de avaliación da Actividade Docente (Programa DOCENTIA). Mantén unha liña de innovación educativa no campo do ensino experimental da ciencia desde 1991: 10 proxectos de innovación/transferencia científica, unhas 120 publicacións, 40 participacións na organización de reunións científicas, dirección de 55 TFM. Actualmente dirixe 2 Tesis de Doutoramento. É censor habitual de 5 revistas internacionais. É Vicepresidente da Asociación Hands-on Science. É Embaixador para España de Scientix. É Responsable do Grupo de Innovación Docente de Aprendizaxe Manipulativo da Física. Vogal do Grupo Especializado de Didáctica e Historia da Física e da Química das Reales Sociedades Españolas de Física (RSEF) e de Química. Representante da RSEF no International Day of Light. Premio Ensino e Divulgación da Física (modalidad Ensino Universitari) da Real Sociedad Española de Física-Fundación BBVA 2023. É Asesor de VigoTecnolóxico. Foi Subdirector e Director da ETS de Enxeñaría de Minas.
Docencia
1º cuadrimestre
2º cuadrimestre
Grao en Enxeñaría da Enerxía
V09G291V01107 | Física: Física II
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
V09G311V01107 | Física: Física II
Investigación
Grupo de investigación
Liñas de investigación
- Enxeñaría óptica
- Tecnoloxías láser
- Tecnoloxías ópticas de medición