Área de Organización de Empresas
Departamento de Organización de empresas e márketing
Graduada en Enxeñaría en Organización Industrial (2019) e doutora en Análise Económica e Estratexia Empresarial (2024) pola Universidade de Vigo. A súa investigación céntrase no deseño sustentable da loxística do comercio electrónico, prestando especial atención ao transporte de última milla.
É coautora de 12 artigos JCR e participou en máis de 10 congresos internacionais. Tamén realizou estadías de investigación na Vrije Universiteit Brussel (Bélxica) e na Universidade do Porto (Portugal).
A nivel docente, codirixiu 4 traballos de fin de grao e 16 traballos de fin de máster. Ademais, imparte docencia en materias da área de Organización de empresas.
Información de contacto
Escola de Enxeñaría Industrial
Sede Campus
Despacho Nº1 da Área de Organización de empresas e márketing
986 812 220
iria.gonzalez.romero@uvigo.gal