Área de Matemática aplicada
Departamento de Matemática aplicada II
Licenciado en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela con Premio Nacional e doutor en Matemáticas pola Universidade de Vigo. Impartiu docencia universitaria desde 1990 e dende 2008 é Catedrático na Universidade de Vigo. Dende o 1 de outubro de 2023 é o presidente da área de Matemáticas da Axencia Estatal de Investigación. Os seus intereses de investigación céntranse na teoría cualitativa de Ecuacións Diferenciais e Sistemas Dinámicos. É autor de máis de 100 artigos de investigación, investigador principal de 7 proxectos nacionais e participante en varios proxectos internacionais e redes temáticas. Realizou 29 estadías de investigación (15 en centros estranxeiros) e impartiu conferencias por invitación en máis de 40 congresos nacionais e internacionais. Dirixiu 5 Teses de Doutoramento. Foi Director do Departamento de Matemática Aplicada II da Universidade de Vigo de 2006 a 2009. Ten experiencia como membro do Comité Editorial de 6 revistas de investigación internacionais e censor de otras 78. Realizou tarefas de avaliación para as axencias de investigación de Austria, Canadá, Chile, Eslovaquia, Francia, Hungría e República Checa. Recibiu varias distincións polo seu labor docente e o premio Bellman de investigación 2014/2015, outorgado por Elsevier polo seu traballo en bioloxía matemática.
Información de contacto
Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Despacho 211
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
986812127
eliz@uvigo.gal