Catedrático/a de universidade
Área de Enxeñaría Química
Departamento de Enxeñaría Química
Información de contacto
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Despacho Fundición 14
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 022
amoldes@uvigo.es
Breve CV
Ana Belén Moldes é licenciada en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos pola Universidade de Vigo en 1996 e doutora polo Departamento de Enxeñaría Química, con premio extraordinario de Doutoramento, tamén obtivo na mesma Universidade no ano 2000. Realizou varias estadías investigación no “USDA Forest Service”, pertencente ao Departamento Americano de Agricultura, en Madison-Wisconsin (EE.UU.), así como no Departamento de Enxeñaría Biolóxica da Universidade do Minho en Braga-Portugal. Foi investigadora do programa nacional “Juan de la Cierva” no Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela desde 2004 ata 2006. Paralelamente, tamén foi profesora asociada a tempo parcial no Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo de 2001 a 2006. Posteriormente obtivo un contrato “Ramón & Cajal”, desenvolvendo a súa investigación no Departamento de Enxeñería Química da Universidade de Vigo entre 2006 e 2010. Compre sinalar que na convocatoria de 2005 do “Programa Ramón & Cajal” acadou o primeiro posto na área de Tecnoloxía Química. Desde 2010 ata 2020 é Profesora Doutora Contratada, con praza fixa, no Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Vigo e desde 2020 é Profesora Titular do mesmo departamento. No ano 2009 Ana Moldes xunto con outro profesor do Programa “Ramón y Cajal”, José M. Cruz, crean o grupo de investigación “EQ10 team”. O grupo de investigación está recoñecido pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría Industrial da Universidade de Vigo cun alto potencial de crecemento. Este galardón tamén é recoñecido polo Goberno autonómico coa concesión de financiamento consecutivo a partir de 2009 dedicado a prestar apoio económico a grupos de investigación con potencial de crecemento.
Ao longo da súa traxectoria investigadora o seu traballo centrouse na utilización de residuos agroindustriais para a produción biotecnolóxica de aditivos alimentarios e/ou químicos, principalmente ácido láctico e biosurfactantes, así como na obtención de bioadsorbentes. Ata a data, ten publicados máis de 140 artigos en revistas internacionais, cun índice H de 35. Codirixiu de 7 Teses de Doutoramento presentadas en formato de artigos, obtendo cada tese polo menos 6 artigos publicados en revistas SCI, e nalgunhas delas varias patentes. É coautora de 7 patentes, publicou máis de 10 capítulos de libros e presentou máis de 150 comunicacións en congresos. Unha destas patentes ten unha extensión PCT a varios países da Unión Europea, e está licenciada por unha empresa internacional.
Ao longo da súa traxectoria investigadora, participou en máis de 20 proxectos de investigación, sendo a investigadora principal en 4 Proxectos de Investigación do Plan Nacional de I+D+i, un proxecto autonómico e varios locais. En canto á súa actividade de Transferencia, en 2019 foi galardoada pola Real Academia Galega co “Premio Fernando Calvet” e nos últimos anos liderou diversos contratos de transferencia con empresas nacionais e internacionais.
Finalmente, ten recoñecidos 3 sexenios de investigación (o último concedido o 23/06/2016) e 4 quinquenios lectivos.
Docencia
1º cuadrimestre
2º cuadrimestre
Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
V09G311V01416 | Tratamento de correntes e efluentes