Unha enxeñaría redonda: materias primas, medio ambiente, economía circular, desenvolmento sostible, enerxía, industria, tecnoloxía, dirección de grandes proxectos…
Saídas profesionais do Grao de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos:
- Xestión de recursos e protección do medio ambiente.
- Xeración, transformación e transporte de enerxía: centrais térmicas e hidráulicas, ciclos combinados, centrais nucleares,enerxía eólica, enerxía solar, enerxía xeotérmica e outras enerxías.
- Explosivos, demolicións e obra civil, extracción de materias primas, plantas de tratamento, reciclaxe etc.
- Metalurxia, materiais tradicionais (aceiros, metais, materiais de construción…) e novos materiais.
- Exploración, prospección e explotación dos recursos xeolóxicos e minerais: combustibles fósiles (carbón, petróleo e gas), minerais, rochas, auga, espazos subterráneos etc.
Experiencias
Carlota Sanchez Alonso
Promoción: 2017
Enxeñeira xeotécnica en Fugro Netherlands Marine.
Durante o grao, desfrutei especialmente das materias relacionadas coa mecánica de solos e rochas e coa construción de túneles. Tras especializarme neste eido cun máster na TU Delft (Países Baixos), traballo na avaliación de dados do solo mariño para superestruturas, como parques eólicos offshore.
Denis Barros Caballero
Promoción: 2017
Enxeñeiro de minas da ISRU de MaanaElectric en proxectos I+D+i relacionados cos procesos de separación e beneficio de minerais coa tecnoloxía ISRU (In-Situ Resource Utilization) con aplicación terrestre e lunar.
A minaría espacial é a base sobre a que se ten que construír o futuro da exploración e expansión do ser humano no sistema solar.
Lara Herrero de Villalobos
Promoción: 2019
Técnica de laboratorio na Fundación Centro Tecnolóxico do Granito de Galicia.
Realizo proxectos de implantación do sistema de xestión de minaría sostible no sector do granito, ensaios de marcado CE en pedra natural e consultaría técnica.
Uxía Alonso Sanmartín
Promoción: 2016
Enxeñeira do departamento de operacións de Cupa Group: seguimento, análise e control de produción do proceso de labrado automático, así como a optimización dos procesos produtivos das naves de elaboración de pizarra e a mellora continua.
A miña etapa universitaria permitiume saber que o máis importante é saber escoitar aos demais. Sexa cal sexa o nivel xerárquico sempre hai algo que aprender. Ademais é importante formarse continuamente e ter unha boa capacidade reflexiva e crítica.
Saki Gerassis Davite
Promoción: 2014
Oficial de Políticas e Datos na Comisión Europea.
Son responsable da coordinación do sistema de interoperabilidade e colección de datos para infraestruturas de carga do vehículo eléctrico en Europa. Ademais, participo na definición de políticas sobre a estratexia de datos, intelixencia artificial e cloud computing baixo o Pacto Verde (Green Deal) Europeo.
Carolina Rodríguez
Promoción: 2016
Técnica de Prevención de Riscos Laborais no Servicio de Prevención Propio de ABANCA
Durante o grao comecei a interesarme pola prevención dos riscos laborais e orientei o meu futuro nese sector.
José Quiñones Costa
Promoción: 2015
Director facultativo de canteiras en PREBETONG ÁRIDOS SLU.
Xestiono as canteiras do grupo dende o control dos costes, planificación da produción, deseño de voaduras, elaboración de proxectos, xestión mantemento da maquinaria, etc.