Unha enxeñaría redonda: materias primas, medio ambiente, economía circular, desenvolmento sostible, enerxía, industria, tecnoloxía, dirección de grandes proxectos…

 

Saídas profesionais do Grao de Enxeñaría da Enerxía:

  • Enerxías renovables: xeotermia, enerxía solar, biomasa,enerxía eólica, enerxía hidráulica etc.
  • Enerxías renovables incipientes: enerxía mareomotriz,enerxía undimotriz etc.
  • Aforro e eficiencia enerxética. Coxeración.
  • Centrais térmicas e hidroeléctricas.
  • Novas tecnoloxías enerxéticas. Biocombustibles, pilas de combustible etc.
  • Xeración, transmisión e conversión da enerxía térmica.
  • Xeración, transporte e utilización da enerxía eléctrica.
  • Auditoría enerxética.
  • Combustibles convencionais: gas, petróleo, carbón etc.

Experiencias

 

Raquel Pérez Orozco

Promoción: 2014

Investigadora do Grupo de Tecnoloxía Enerxética da Universidade de Vigo.

O reto da redución de emisións na combustión de biomasa é o eixo central do meu traballo como investigadora.

 

Jose Eduardo Guerra Castro

Promoción: 2018

Técnico de control de calidade

Actualmente encóntrome traballando nunha empresa do sector metalúrxico e teño a oportunidade de participar na montaxe de caldeiras de xeración eléctrica a partir de biomasa.

 

Ana García Fernández

Promoción: 2016

Enxeñeira de calidade residente en PSA Vigo

O sector da Enerxía é unha industria en auxe que abarca diferentes campos de traballo.

 

Alexandre Pérez Rodríguez

Promoción: 2019

Enxeñeiro Técnico de Loxística e Métodos en Maviva Servicios Globales (Ferrovial Servicios).

O hábito adquirido de traballo en equipo na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía axúdame na miña profesional actual.

 

Patricia Merino Pérez

Promoción: 2017

Enxeñeira mecánica en IDOM Consulting, Engineering, Architecture.

Tras un ano traballando na Central Térmica de As Pontes (A Coruña), a versatilidade do meu grao permíteme estar traballando nestes intres no estudio de  gases renovables como o hidroxeno.

 

Manuel Fernández Martínez

Promoción:  2016

Photovoltaic Design Engineer

Actualmente estou traballando no deseño de proxectos de parques fotovoltaicos no Reino Unido. Entre as miñas tarefas, destaco a creación de modelos 3D con fotogrametría do futuro parque, dimensionamento fotovoltaico eléctrico de paneis e inversores  e planos de implantación, localización e esquemas eléctricos.