
Co motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, a EME programa unha serie de actividades entre as que está a celebración dunha nova edición do concurso de fotografía Mulle_RME, co se pretende dar visibilidade á muller nas actividades relacionadas coa profesión de enxeñaría de minas e enerxía: xeración, transformación, transporte e uso da enerxía, enerxías renovables, explotación de minerais e rochas, túneles e obras subterráneas, restauración de espazos mineiros, avaliación de impacto ambiental, fabricación e uso de materiais, explosivos etc.
Datos do concurso
- Tema: Dar visibilidade á muller nas actividades relacionadas coa profesión de enxeñaría de minas e enerxía
- Recepción: 20/02/2026
- Participantes: Libre
Novas e eventos relacionados con Mulle.RME
Contacto
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Campus universitario
36310 Vigo
+34 986 813 423
eme@uvigo.gal