Cada ano celebramos unha xornada de portas abertas destinada ao futuro estudantado e as súas familias. Este evento ten como obxectivo principal proporcionar unha visión detallada das oportunidades académicas e profesionais que ofrece a Escola.

Durante a xornada, quen asistan poden participar en visitas guiadas polas instalacións, coñecer os laboratorios e equipos tecnolóxicos, e asistir a presentacións sobre os distintos graos e másteres dispoñibles.

Profesorado e alumnado actual están presentes para responder preguntas e compartir as súas experiencias, facilitando unha comprensión máis profunda da vida académica e o ambiente estudantil na escola. Ademais, ofrécense talleres interactivos e demostracións prácticas para que as persoas visitantes poidan experimentar de primeira man o tipo de formación e proxectos nos que participa o estudantado.

Esta xornada é unha oportunidade única para coñecer de cerca unha institución comprometida coa excelencia na formación de enxeñeiras e enxeñeiros nos campos da minería, os materiais e a enerxía.
 


Novas e eventos relacionados coas Xornadas de Portas Abertas