Ofrecemos diversas conferencias monográficas con contidos asociados á enerxía, os materiais e o medio ambiente. Todos estes temas están relacionados de forma directa cos estudiosque impártense no noso centro. Esta é a oferta para este curso:

Física re-recreativa

Charla 1

A Física é un referente para a comprensión da ciencia e da tecnoloxía actual. Entre as estratexias a empregar para facer máis atractiva a súa aprendizaxe están as actividades manipulativas, onde a comprensión de procesos naturais realízase a través da experimentación con materiais e obxectos cotiáns de baixo custo.

 

Explotación de recursos minerais en Galicia/España

Charla 2

A industria dedicada á extracción e ao procesamento dos recursos minerais recibe o nome de minería. Os recursos minerais son aqueles minerais que se explotan con algún fin, así podemos falar de minerais metálicos, minerais industriais, rochas ornamentais, áridos para a construción e incluso substancias enerxéticas para xerar enerxía.

 

Materiais intelixentes e outras aplicacións

Charla 3

Un material intelixente (smart material) é aquel que posúe unha ou máis propiedades que poden ser modificadas significativamente de maneira controlada por un estímulo externo (tales como tensión mecánica, temperatura, humidade, pH ou campos eléctricos ou magnéticos) de maneira reversible.

 

Aplicacións da termografía infravermella

Charla 4

A termografía infravermella é unha técnica que permite calcular e determinar, utilizando cámaras termográficas que captan a radiación infravermella do espectro electromagnético, temperaturas a distancia con exactitude e sen necesidade de contacto físico co obxecto a estudar. As aplicacións enerxéticas e medioambientais desta técnica son múltiples.

 

Aspectos medioambientais na explotación de recursos

Charla 5

A actividade mineira crea alteracións no medio natural e, por ende, existe unha lexislación moi estricta sobre o impacto que esta actividade crea. Esta charla trátase dunha explicación sobre a lexislación que rixe as actividades mineiras no noso país, así como os plans de actuación utilizados cando chega o cese da actividade.

 

Recursos naturais de galicia

Charla 6

Galicia é rica en Recursos Naturais, tanto en recursos minerais (granito, áridos e lousa) como en recursos enerxéticos (hidroeléctrica, biomasa, solar, xeotérmica, eólica). Neste último atópase entre os primeiros produtores a nivel mundial. Tamén ten un papel destacado en augas minerais e termais sendo líder en plantas envasadoras e balnearios.

 

Explotación de petróleo e gas natural

charla7

Nesta charla amosaranse os procedementos de extracción de petróleo e gas natural máis utilizados, facendo fincapé nas súas vantaxes e inconvenientes.

 

Restauración de espazos afectados por explotacións mineiras

charla8

No momento no que se decide deixar de explotar un recurso mineiro é obrigatoria a restauración do oco, devolvéndolle ao espazo o seu valor medioambiental ou ofertando un servizo que poida ser desfrutado pola poboación.

 

Conservación do street art

charla10

O feito de considerar ao graffiti como acto vandálico cambiou notablemente nos últimos anos. O interese histórico-artístico dos bens inmobles nos que se realiza o pintada será a clave para determinar esta distinción. Nesta charla fálase das últimas técnicas utilizadas para a extracción de tintas, pasando por técnicas láser e biolóxicas, sen esquecer a necesidade de respectar o noso patrimonio construído. Ademais, falaremos das últimas preocupacións a nivel europeo centradas na conservación dos murais constitutivos da actual street art.

 

Tecnoloxía láser aplicada á conservación do patrimonio construído

charla11

A aplicación da tecnoloxía láser para a extracción de pátinas, costras e tintas en obxectos pertencentes ao patrimonio cultural presentou nos últimos anos un grande avance. A avaliación da aplicación do láser ten que ser realizada sempre dende un punto de vista dual; por un lado, terase en conta o nivel de extracción obtido pero tamén é fundamental a caracterización dos efectos provocados nos substrato xa sexa rocha, pinturas, etc.

 

¿Qué fai un/unha enxeñeiro/a de minas conservando patrimonio cultural?

charla12

A enxeñaría de minas ten moito que contribuír á preservación do patrimonio cultural. As técnicas de prospección xeofísica son xa imprescindibles para documentar os sitios arqueolóxicos. Os estudos xeotécnicos proporcionan información valiosa para o deseño de campañas de intervención directa. Quizais o máis inesperado é que o coñecemento xeoquímico do contorno da superficie, tan necesario para restaurar os espazos mineiros, é o mesmo que se necesita para caracterizar, predicir e deter o deterioro das obras de arte que se transmiten ás xeracións futuras.

 

Minaría espacial: un reto ou unha realidade

charla13

Nesta charla presentarase unha das liñas de investigación na que comunidade científica vencellada á enxeñaría de minas está invertendo diñeiro e tempo. Amosarase a necesidade de buscar reservas fóra do noso planeta e as diversas posibilidades atopadas noutros corpos menores do sistema solar. Tecnoloxías diferentes ás comunmente empregadas na extracción á ceo aberto ou de xeito subterráneo son deseñadas nestas misións espaciais.

 

A chispa azul: a enerxía do mar

Os nosos océanos e mares posúen un enorme potencial enerxético que está por explotar. Nunha sociedade ansiosa por fontes enerxía renovables, o aproveitamento destes recursos mariños de forma sostible e racional é crítico para a transición cara un modelo de sociedade libre de carbono. Nuestra charla preséntanse os recursos enerxéticos do mar e as tecnoloxías para explotalos (eólica mariña, mareomotriz, undimotriz, etc.), comentando mitos e realidades das mesmas, así como o seu posible impacto sobre o medio ambiente e sobre otros recursos mariños.

 

O cambio climático: mitos e realidades dende unha visión positiva

charla13

O cambio climático é unha realidade que nos rodea e está presente cada vez máis nas nosas vidas, chegando incluso a afectarnos de xeito persoal (por exemplo, coa eco ansiedade). Nesta charla, afróntase este fenómeno dende unha información contrastada e baseada en feitos científicos. Derribando mitos e falsas realidades que a veces nos asolagan, non deixándonos ver máis aló do problema. Finalmente, proporanse solución e acción coas que poidamos iniciar un cambio no noso entorno máis cercano.


Tamén ofrecemos unha presentación sobre os nosos estudos de grao en enxeñaría dos recursos mineiros e enerxéticos e grao en enxeñaría da enerxía.


 

O responsable da conferencia desprazaríase ao teu centro en horario que se acordaría previamente. A duración das mesmas é duns 50 minutos.

Se tedes interese nalgunha destas propostas, que son totalmente gratuítas, podedes poñervos en contacto con nós en eme@uvigo.es ou nos teléfonos 986 813 423 e 986 812 205.