
É un Proxecto coordinado pola Unidade de Cultura Científica (UCC+i) da Universidade de Vigo que ten por obxectivo xeral a promoción e difusión da cultura científica, tecnolóxica e da innovación entre diferentes axentes sociais: estudantado, comunidade universitaria e cidadanía en xeral.
Consite nunha serie de actividades que poñen en valor as investigacións que se realizan na UVigo xerando unha canle de comunicación accesible e activa que sirve de aproximación entre as partes.