Grupos de investigación na EME

Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais (GESSMin)

Liñas de investigación

  • Análise estatística da calidade de procesos, produtos e materiais de construción.
  • Estudo xeoestatístico de datos espaciais e espazo-temporais.
  • Inferencias mediante aplicación de redes baiesianas.
BIDI

 

Enxeñaría de Corrosión e Materiais (ENCOMAT)

Liñas de investigación

  • Recubrimentos para protección contra da corrosión (recubrimentos orgánicos, inorgánicos, sol-xel, …).
  • Modificación superficial para mellora das propiedades anticorrosión (implantación iónica, refusión por láser, fricción, …).
  • Corrosión electroquímica (corrosión en formigón, óxidos para baterías, …).
  • Desenvolvemento de eléctrodos para baterías de ión litio.
BIDI

 

Procesos de separación avanzada (EQ1)

Liñas de investigación

  • Desenvolvemento de novos disolventes para procesos de extracción: líquidos iónicos e disolventes eutécticos profundos.
  • Extracción de compostos de alto valor engadido.
  • Eliminación de contaminantes.
BIDI

 

Enxeñaría química (EQ2)

Liñas de investigación

  • A principal liña de investigación é o uso de residuos de biomasa vexetal para obter produtos de interese na industria alimentaria, farmacéutica, etc., integrando aspectos da enxeñaría química, da química (química dos produtos naturais e dos alimentos), ciencia dos materiais , enzimoloxía e microbioloxía.
  • A súa actividades céntrase no desenvolvemento de procesos para a obtención de produtos de valor engadido a partir dos distintos compoñentes da biomasa vexetal (celulosa, hemice lulosas, pectinas, fracción fenólica e extractos). O seu obxectivo é o desenvolvemento de procesos multiprodutos (seguindo o coñecido como “Refinerías de Biomasa”), que buscan a rendibilidade económica e a sustentabilidade. Este último inclúe o uso de recursos e tecnoloxías renovables de menor impacto ambiental.
BIDI

 

Enxeñería Química 10 (EQ10)

Liñas de investigación

  • Aproveitamento de residuos agroindustriais para a obtención de distintos aditivos químicos e/ou alimentarios.
  • Extracción e purificación de produtos biotecnolóxicos a partir de medios fermentativos.
  • Extracción, purificación, caracterización e aplicación de biosurfactantes, obtidos a partir de bacterias lácticas ou fontes naturais, en industrias alimentarias, cosméticas ou ambientais.
  • Avaliación da capacidade de producir biosurfactantes e bioemulsionantes de diferentes microorganismos.
  • Formulación de bioabsorbentes, baseados no aproveitamento de residuos agroindustriais, para o tratamento de augas e efluentes industriais.
  • Biocorrección de suelos contaminados con hidrocarburos aplicando biosurfactantes y/o microorganismos.
  • Optimización das variables de operación de procesos industriais mediante a utilización de deseños factoriais que permitan estudar o efecto sinérgico das diferentes variables implicadas nun proceso.
  • Elaboración de envases activos que melloren a conservación de produtos alimentarios perecedoiros, tales como carnes ou peixes. Estudo dos procesos de interacción envase-alimento, orientados a incrementar a seguridade alimentaria.
  • Determinación do grao de oxidación e outros parámetros de calidade en produtos cárnicos e peixes.
BIDI

 

Xeotecnoloxías aplicadas (TF1)

Liñas de investigación

  • A súa actividade de investigación céntrase no desenvolvemento de métodos de procesamento en nube de puntos e na súa aplicación. Os seus traballos inclúen métodos de clasificación, segmentación, extracción de modelos e modelado, mediante a adaptación de coñecidas técnicas de procesamento de imaxes e Intelixencia Artificial (Machine Learning e Deep Learning). Dous conceptos clave marcan o seu traballo máis recente: o uso das nubes de puntos como modelos de información, non só como fonte de información, e a rexeneración das súas oclusións.
BIDI

 

Tecnoloxía Enerxética (GTE)

Liñas de investigación

  • Combustión de biomasa.
  • Simulación e desenvolvemento experimental de sistemas térmicos (intercambiadores, motores, acumuladores…).
  • Modelado en eficiencia enerxética e construción.
  • Simulacións de dinámica de fluídos industriais e médicos.
BIDI

 

Análise de concas sedimentarias (BASAN, XM-3)

Liñas de investigación

  • Estudo de unidades sedimentarias, interrupcións sedimentarias e idades.
  • Cartografía en soporte continental mediante técnicas de campo.
  • Cartografía mariña mediante técnicas geofísicas.
  • Caracterización de medios sedimentarios actuais e antigos mediante análises de facies, asociacións de facies e secuencias en seccións estratigráficas e en rexistros de reflexión sísmica.
  • Reconstrucións paleoambientais e paleontolóxicas aplicadas a estudos de xeoloxía histórica, cambios climáticos, cambios antropogénicos e variacións do nivel do mar.
  • Historia ecolóxica e restauración dos ecosistemas.
  • Determinación dos procesos de transporte e sedimentación.
BIDI

 

Astronomía, Astrofísica, Antropoloxía Cultural e Educación (A3CE)

Liñas de investigación

  • Patrimonio cultural.
  • Etnoastronomía.
  • Astronomía cultural.
  • Estrelas.
  • Subenanas quentes.
  • Post-AGBs.
  • Nebulosas planetarias.
  • Últimos estados da evolución estelar.
  • Pulsacións.
  • Observacións multirrango.
  • Astroinformática.
  • Catálogos e bases de datos astronómicos.
BIDI

 

CIMA (EG-06)

Liñas de investigación

  • Materiais compostos: cálculo do comportamento mecánico destes materiais, na construción de equipos para instalación científicas, e no proceso de delaminación no mecanizado de fibra.
  • Biomecánica: caracterización de materiais hiperelásticos, viscoelásticos lineais e viscoelásticos non lineais. Na actualidade trabállase na reprodución do comportamento de tecidos con parte matriz e fibra (tendóns, arterias, etc.).
  • Sistemas dinámicos: cálculo mecánico de sistemas en dinámica explícita (sobre todo absorbedores de enerxía para impacto en vehículos) e implícita (vibracións en pontes de ferrocarril, satélites, etc.). É unha liña que interactúa tamén con biomecánica, materiais compostos e a transferencia a empresas, sempre que hai que facer simulación FEM con integración temporal.
  • Produción enerxética: neste ámbito pódense englobar os proxectos LifeDemoWave e SmartHydro.
  • Mecatrónica avanzada. Esta liña está moi vinculada con deseño mecánico avanzado e a implementación na industria 4.0.
  • Deseño mecánico de equipos a medida, incluíndo construción. Neste ámbito desenvólvense a maioría dos contratos con empresas, destacar o Proxecto E- Corydora (activo) e proxecto TitanRob (pechado). Tamén se poden enmarcar aquí parte dos traballos de deseño e fabricación para instalacións científicas (CALIFA).
  • Satélites: Sobre todo deseño de sistemas de despregamento de antenas para cubesat e cálculos mecánicos segundo norma: vibracións, resistencia, etc. O grupo participou no desenvolvemento de diversos satélites.
  • Mecatrónica aplicada á valorización de recursos naturais.
BIDI

 

División de Deseño e Microelectrónica (TE1)

Liñas de investigación

  • Implementación de algoritmos dixitais complexos en hardware reconfigurable.
  • Sensores electroacústicos (con especial interese en microbalanza de cuarzo, QCM) para aplicacións electroquímicas.
  • Sistemas electrónicos para control industrial en aplicacións específicas.
BIDI

 

Ecuacións diferenciais e simulación numérica (MA1)

Liñas de investigación

  • A primeira liña de investigación está dedicada á resolución numérica de modelos rexidos por ecuacións derivadas parciais e os seus campos de aplicación son fundamentalmente enxeñería e medicina.
  • A segunda liña céntrase no aspecto dinámico (estabilidade, comportamento asintótico, solucións periódicas e caos) de modelos rexidos por ecuacións diferenciais comúns con retardo e ecuacións en diferenzas. O seu principal alcance é a bioloxía (en particular, a dinámica poboacional), aínda que tamén se aplica a modelos de física e economía.
BIDI

 

Electroquímica e Enxeñería de Materiais (TEM)

Liñas de investigación

  • Caracterización microestructural e mecánica de materiais.
  • Desenvolvemento de novos materiais para a xeración e almacenamento de enerxía.
  • Corrosión e protección.
  • Enxeñería de superficies e recubrimentos.
  • Durabilidade en enxeñería civil.
BIDI

 

Inferencia Estatística, Decisión e Investigación Operativa (IO1)

Liñas de investigación

  • Análise de datos / consultoría estatística. Big data.
  • Bioestadística e epidemioloxía.
  • Métodos estatísticos.
  • Investigación operativa.
  • Teoría de xogos.
  • Teoría da decisión.
  • Desenvolvemento de software.
BIDI

 

Enxeñería de Deseño e Fabricación (EG1)

Liñas de investigación

  • Desenvolver e aplicar metodoloxías, procedementos e ferramentas que permitan analizar a sustentabilidade nas industrias que aplican tecnoloxías e procesos de fabricación.
  • Xestión de procesos na empresa de fabricación.
  • Procesos de inxección de plástico, deseño e fabricación de moldes.
  • Estudos de mecanizado e condicións de corte: Torneado, fresado e electroerosión.
  • Conformado por fundición. Realización de modelos. Near Net Shape Casting.
  • Análise dos procesos de conformado.
  • Implantación e adaptación de tecnoloxías, métodos e sistemas, ( CAD/ CAM/CAE/ CAX). Programación CAM para Máquinas con control numérico.
  • Sistemas de calidade. Metroloxía dimensional, análise e estudo da calidade superficial.
  • Desenvolvemento de prototipos en máquina de prototipado rápido por Deposición Fundida de ABS. Tecnoloxías Rapid Manufacturing.
  • Aplicación de Project Management, xestión integral do proxecto.
  • Formación: Impartición de cursos de Deseño e Fabricación. Propostas de cursos específicos.
BIDI

 

Enxeñería Eficiente e Dixital (N.EDI)

Liñas de investigación

  • Dixitalización Industrial. Sistemas complexos de integración dixital de servizos industriais (control de produción, rastrexabilidade, mantemento, etc.).
  • Enxeñería de Sistemas e Informática Industrial.
  • Automatización industrial avanzada de maquinaria.
  • Automatización de sistemas de manutención, loxística e produción industrial.
  • Desenvolvemento de estándares para a automatización industrial.
  • Seguridade industrial.
  • Enerxías renovables: simulación e integración en redes eléctricas.
  • Redes de enerxía eléctrica: planificación, análise, control e protección.
  • Tecnoloxía eléctrica.
  • Calidade da subministración.
  • Avaliación da eficiencia enerxética en instalación de Termografía infravermella de instalacións eléctricas.
  • Sistemas de eficiencia enerxética.
BIDI

 

Enxeñería de Fabricación (GEF)

Liñas de investigación

  • Estudos de maquinabilidad. Análise de procesos de mecanizado. Mecanizado robotizado.
  • Estudos de triboloxía e análises de calidade superficial.
  • Deseño, desenvolvemento e simulación de utillaxes e máquinas para os procesos de suxeición, manipulación, transporte de pezas e ferramentas.
  • Estudo de procesos de inxección de plástico e deseño de moldes.
  • Estudio y análisis de procesos de modelado por fundición.
  • Aplicación de tecnoloxías avanzadas, métodos e sistemas CAD/ CAM/ CAX.
BIDI

 

Enxeñería Química, Térmica e Ambiental (Chete)

Liñas de investigación

  • Captura de CO2: Mellora, control e seguimento.
  • Ámbito da Enxeñería Enerxética.
  • Estudo das enerxías renovables: enerxía xeotérmica de baixa temperatura.
  • Análise, deseño, simulación e optimización de procesos enerxéticos.
  • Termografía infravermella aplicada ao sector biomédico e edificación.
  • Enxeñería Ambiental.
  • Combustibles alternativos: biodiesel de 1ª e 2ª xeración.
  • Caracterización fisicoquímica e térmica de fluídos newtonianos e non- newtonianos.
BIDI

 

Enxeñaría de sistemas e automática (EI1)

Liñas de investigación

  • Automatización industrial avanzada de maquinaria.
  • Sistemas de control de árbores e robótica non convencional.
  • Impresión industrial 3D.
  • Automatización de sistemas de mantemento, loxística e produción industrial.
  • Automatización de maquinaria.
  • Sistemas complexos de integración vertical de servizos industriais (control de produción, trazabilidade, mantemento, etc.).
  • Desenvolvemento de normas para automatización industrial: ISO 10303 STEP, IEC 61131-3.
BIDI

 

Laboratorio de Informática Aplicada (LIA2)

Liñas de investigación

  • Procesado de imaxes.
  • Simulación, optimización e aproximación.
  • Enxeñería de espazo.
  • Sistemas informáticos intelixentes.
  • Gráficos de computador.
  • Informática biomédica.
BIDI

 

Linguaxes e Sistemas informáticos (SI1)

Liñas de investigación

  • Informática Industrial.
  • Sistemas de Información.
  • Interacción Persona-Ordenador (IPO).
  • Ensino asistido por computador.
BIDI

 

Redes eléctricas (EÑ1)

Liñas de investigación

  • Enerxía eólica: impacto nas redes eléctricas, modelado de máquinas e almacenamento.
  • Redes eléctricas: planificación, operación e optimización.
  • Liñas eléctricas de alta tensión: análise térmica e eléctrica.
  • Campos electromagnéticos: avaliación.
  • Sistemas de posta a terra.
BIDI