A concesión da Acreditación Institucional para un centro universitario supón unha simplificación do procedemento de renovación da acreditación dos seus títulos, xa que os centros que a posúen renovan a acreditación de todas as súas titulacións de grao e máster oficiais sen necesidade de someterse ao procedemento convencional de avaliación externa. A nosa Escola recibiu “Informe favorable” de acreditación institucional con data 30 de outubro de 2018, con validez de 6 anos.
Actualmente o centro atópase en pleno proceso de renovación da Acreditación Institucional, polo que se someterá a un proceso de avaliación por parte dunha comisión nomeada pola ACSUG. O procedemento de avaliación está descrito na ligazón http://www.acsug.es/centros/aic. No caso da Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía a visita da comisión de avaliación realizarase o día 13 de novembro de 2025, segundo o programa establecido pola Comisión.
Pode consultarse a axenda da Xornada de Acreditación Institucional facendo clic no seguinte botón [PDF, 0.5MB]
Axenda Acreditación INstitucional EME