A EE de Minas e Enerxía achegou a súa oferta académica ao alumnado de Bacharelato nunha xornada de portas abertas virtual

Elena Alonso e José Santiago Pozo

“Todos os anos facemos actividades de portas abertas de maneira presencial, e dende un principio consideramos que esta nova normalidade non nos ía facer rexeitar á celebración dunha xornada, neste caso virtual”. Así explica José Santiago Pozo, subdirector da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVigo, a decisión do centro de desenvolver este mediodía unha xornada virtual de portas abertas coa que darlle visibilidade, entre o alumnado de Bacharelato, ás titulacións que se imparten na escola, concretamente aos graos en Enxeñaría da Enerxía e en Enxeñaría de Recursos Mineiros e Enerxéticos. Na sesión celebrada a través de Campus Remoto e retransmitida a través de UVigo TV, e na que tomaron parte, ademais da directora do centro, Elena Alonso, os coordinadores dos graos e alumnado dos últimos cursos, tamén se incidiu, co obxectivo de espertar vocacións entre as e os asistentes, na necesidade de profesionais dedicados á xestión de recursos minerais e enerxéticos.

Ler a noticia completa no DUVI