Coa implantación do espazo europeo de educación superior (EEES), o ensino e a aprendizaxe en linguas estranxeiras cobra especial relevancia. Para promocionar o coñecemento e o uso de idiomas cos que responder con eficacia aos retos dunha sociedade globalizada e culturalmente diversa, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo oferta a partir do curso 2017/18 un plan de internacionalización de docencia en inglés.
O plan de internacionalización consiste nunha oferta estruturada de materias en inglés dirixida tanto á captación de estudantado internacional como á internacionalización do estudantado propio.
O estudantado de intercambio pode cursar polo menos un cuadrimestre completo en inglés e o estudantado propio pode cursar polo menos 9 materias do grao en inglés.
If you come to the School of Mining and Energy Engineering from a non-Spanish speaking country, you have the possibility to choose among the following subjects taught in English.
Código | Materia |
---|---|
G291101 | Graphic expression: Graphic expression |
G291108 | Mathematics: statistics |
G291201 | Circuits and electrical machines |
G291202 | Materials technology |
G291204 | Fluid mechanics |
G291205 | Thermal systems |
G291305 | Hydraulic resources, installations and hydro-power plants |
G291308 | Thermal engines and turbo-machines |
G291415 | Projects |
Código | Materia |
---|---|
G311101 | Graphic expression: Graphic expression |
G311108 | Mathematics: statistics |
G311201 | Circuits and electrical machines |
G311202 | Materials technology |
G311204 | Fluid mechanics |
G311205 | Thermal systems |
G311309 | Hydraulic resources, installations and hydro-power plants |
G311401 | GIS and land management |
G311412 | Projects |
Información de interese
- A matrícula (prazos, procedementos, etc.) é igual que o dunha materia ordinaria.
- Todos os créditos (grupos A, B e C) das materias que forman parte deste programa impartiranse completamente en lingua inglesa.
- A guía docente da materia, así como o material docente (transparencias, apuntamentos, etc.) e de avaliación (exames, problemas, etc.) deben estar redactados en lingua inglesa.
- O estudantado debe realizar todas as actividades (exames, presentacións, traballos, etc.) en lingua inglesa.
- O centro non esixe un nivel oficial de coñecemento de lingua inglesa para poder matricularse nestas materias, pero recomenda que o estudantado que opte por participar teña un nivel B1 ou equivalente.
- O profesorado das materias ofertadas foi acreditado mediante exames oficiais para impartir docencia en inglés.
Vantaxes para o estudantado
O Plan de internacionalización lingüística da Universidade de Vigo contempla os seguintes recoñecementos para incentivar a participación do estudantado nestes programas:
- Subvención parcial das taxas do primeiro exame de acreditación dun dos niveis do MCERL no Centro de Linguas da Universidade de Vigo.
- Prioridade nas convocatorias de mobilidade internacional do estudantado nos casos de igualdade de puntuación tras a aplicación do baremo correspondente a cada convocatoria.
- Prioridade na participación en programas de dobre titulación internacional.
- Recoñecemento da docencia bilingüe recibida no expediente académico e/ou no suplemento europeo ao título.
- Accións de apoio para a formación lingüística do estudantado, por exemplo cursos no estranxeiro, ou cursos específicos sobre metodoloxías de aprendizaxe e de linguas estranxeiras no ámbito da súa titulación.
Responsable do Plan de Internacionalización
Francisco Javier Deive Herva
+34 986 812 312
eme.internacional@uvigo.es