Grupos de investigación na EME
Xestión Segura e Sostible de Recursos Minerais (GESSMin)
Liñas de investigación
- Análise estatística da calidade de procesos, produtos e materiais de construción.
- Estudo xeoestatístico de datos espaciais e espazo-temporais.
- Inferencias mediante aplicación de redes baiesianas.
Enxeñaría de Corrosión e Materiais (ENCOMAT)
Liñas de investigación
- Recubrimentos para protección contra da corrosión (recubrimentos orgánicos, inorgánicos, sol-xel, …).
- Modificación superficial para mellora das propiedades anticorrosión (implantación iónica, refusión por láser, fricción, …).
- Corrosión electroquímica (corrosión en formigón, óxidos para baterías, …).
- Desenvolvemento de eléctrodos para baterías de ión litio.
Procesos de separación avanzada (EQ1)
Liñas de investigación
- Desenvolvemento de novos disolventes para procesos de extracción: líquidos iónicos e disolventes eutécticos profundos.
- Extracción de compostos de alto valor engadido.
- Eliminación de contaminantes.
Enxeñaría química (EQ2)
Liñas de investigación
- A principal liña de investigación é o uso de residuos de biomasa vexetal para obter produtos de interese na industria alimentaria, farmacéutica, etc., integrando aspectos da enxeñaría química, da química (química dos produtos naturais e dos alimentos), ciencia dos materiais , enzimoloxía e microbioloxía.
- A súa actividades céntrase no desenvolvemento de procesos para a obtención de produtos de valor engadido a partir dos distintos compoñentes da biomasa vexetal (celulosa, hemice lulosas, pectinas, fracción fenólica e extractos). O seu obxectivo é o desenvolvemento de procesos multiprodutos (seguindo o coñecido como “Refinerías de Biomasa”), que buscan a rendibilidade económica e a sustentabilidade. Este último inclúe o uso de recursos e tecnoloxías renovables de menor impacto ambiental.
Enxeñería Química 10 (EQ10)
Liñas de investigación
- Aproveitamento de residuos agroindustriais para a obtención de distintos aditivos químicos e/ou alimentarios.
- Extracción e purificación de produtos biotecnolóxicos a partir de medios fermentativos.
- Extracción, purificación, caracterización e aplicación de biosurfactantes, obtidos a partir de bacterias lácticas ou fontes naturais, en industrias alimentarias, cosméticas ou ambientais.
- Avaliación da capacidade de producir biosurfactantes e bioemulsionantes de diferentes microorganismos.
- Formulación de bioabsorbentes, baseados no aproveitamento de residuos agroindustriais, para o tratamento de augas e efluentes industriais.
- Biocorrección de suelos contaminados con hidrocarburos aplicando biosurfactantes y/o microorganismos.
- Optimización das variables de operación de procesos industriais mediante a utilización de deseños factoriais que permitan estudar o efecto sinérgico das diferentes variables implicadas nun proceso.
- Elaboración de envases activos que melloren a conservación de produtos alimentarios perecedoiros, tales como carnes ou peixes. Estudo dos procesos de interacción envase-alimento, orientados a incrementar a seguridade alimentaria.
- Determinación do grao de oxidación e outros parámetros de calidade en produtos cárnicos e peixes.
Xeotecnoloxías aplicadas (TF1)
Liñas de investigación
- A súa actividade de investigación céntrase no desenvolvemento de métodos de procesamento en nube de puntos e na súa aplicación. Os seus traballos inclúen métodos de clasificación, segmentación, extracción de modelos e modelado, mediante a adaptación de coñecidas técnicas de procesamento de imaxes e Intelixencia Artificial (Machine Learning e Deep Learning). Dous conceptos clave marcan o seu traballo máis recente: o uso das nubes de puntos como modelos de información, non só como fonte de información, e a rexeneración das súas oclusións.
Tecnoloxía Enerxética (GTE)
Liñas de investigación
- Combustión de biomasa.
- Simulación e desenvolvemento experimental de sistemas térmicos (intercambiadores, motores, acumuladores…).
- Modelado en eficiencia enerxética e construción.
- Simulacións de dinámica de fluídos industriais e médicos.
Análise de concas sedimentarias (BASAN, XM-3)
Liñas de investigación
- Estudo de unidades sedimentarias, interrupcións sedimentarias e idades.
- Cartografía en soporte continental mediante técnicas de campo.
- Cartografía mariña mediante técnicas geofísicas.
- Caracterización de medios sedimentarios actuais e antigos mediante análises de facies, asociacións de facies e secuencias en seccións estratigráficas e en rexistros de reflexión sísmica.
- Reconstrucións paleoambientais e paleontolóxicas aplicadas a estudos de xeoloxía histórica, cambios climáticos, cambios antropogénicos e variacións do nivel do mar.
- Historia ecolóxica e restauración dos ecosistemas.
- Determinación dos procesos de transporte e sedimentación.
Astronomía, Astrofísica, Antropoloxía Cultural e Educación (A3CE)
Liñas de investigación
- Patrimonio cultural.
- Etnoastronomía.
- Astronomía cultural.
- Estrelas.
- Subenanas quentes.
- Post-AGBs.
- Nebulosas planetarias.
- Últimos estados da evolución estelar.
- Pulsacións.
- Observacións multirrango.
- Astroinformática.
- Catálogos e bases de datos astronómicos.
CIMA (EG-06)
Liñas de investigación
- Materiais compostos: cálculo do comportamento mecánico destes materiais, na construción de equipos para instalación científicas, e no proceso de delaminación no mecanizado de fibra.
- Biomecánica: caracterización de materiais hiperelásticos, viscoelásticos lineais e viscoelásticos non lineais. Na actualidade trabállase na reprodución do comportamento de tecidos con parte matriz e fibra (tendóns, arterias, etc.).
- Sistemas dinámicos: cálculo mecánico de sistemas en dinámica explícita (sobre todo absorbedores de enerxía para impacto en vehículos) e implícita (vibracións en pontes de ferrocarril, satélites, etc.). É unha liña que interactúa tamén con biomecánica, materiais compostos e a transferencia a empresas, sempre que hai que facer simulación FEM con integración temporal.
- Produción enerxética: neste ámbito pódense englobar os proxectos LifeDemoWave e SmartHydro.
- Mecatrónica avanzada. Esta liña está moi vinculada con deseño mecánico avanzado e a implementación na industria 4.0.
- Deseño mecánico de equipos a medida, incluíndo construción. Neste ámbito desenvólvense a maioría dos contratos con empresas, destacar o Proxecto E- Corydora (activo) e proxecto TitanRob (pechado). Tamén se poden enmarcar aquí parte dos traballos de deseño e fabricación para instalacións científicas (CALIFA).
- Satélites: Sobre todo deseño de sistemas de despregamento de antenas para cubesat e cálculos mecánicos segundo norma: vibracións, resistencia, etc. O grupo participou no desenvolvemento de diversos satélites.
- Mecatrónica aplicada á valorización de recursos naturais.
División de Deseño e Microelectrónica (TE1)
Liñas de investigación
- Implementación de algoritmos dixitais complexos en hardware reconfigurable.
- Sensores electroacústicos (con especial interese en microbalanza de cuarzo, QCM) para aplicacións electroquímicas.
- Sistemas electrónicos para control industrial en aplicacións específicas.
Ecuacións diferenciais e simulación numérica (MA1)
Liñas de investigación
- A primeira liña de investigación está dedicada á resolución numérica de modelos rexidos por ecuacións derivadas parciais e os seus campos de aplicación son fundamentalmente enxeñería e medicina.
- A segunda liña céntrase no aspecto dinámico (estabilidade, comportamento asintótico, solucións periódicas e caos) de modelos rexidos por ecuacións diferenciais comúns con retardo e ecuacións en diferenzas. O seu principal alcance é a bioloxía (en particular, a dinámica poboacional), aínda que tamén se aplica a modelos de física e economía.
Electroquímica e Enxeñería de Materiais (TEM)
Liñas de investigación
- Caracterización microestructural e mecánica de materiais.
- Desenvolvemento de novos materiais para a xeración e almacenamento de enerxía.
- Corrosión e protección.
- Enxeñería de superficies e recubrimentos.
- Durabilidade en enxeñería civil.
Inferencia Estatística, Decisión e Investigación Operativa (IO1)
Liñas de investigación
- Análise de datos / consultoría estatística. Big data.
- Bioestadística e epidemioloxía.
- Métodos estatísticos.
- Investigación operativa.
- Teoría de xogos.
- Teoría da decisión.
- Desenvolvemento de software.
Enxeñería de Deseño e Fabricación (EG1)
Liñas de investigación
- Desenvolver e aplicar metodoloxías, procedementos e ferramentas que permitan analizar a sustentabilidade nas industrias que aplican tecnoloxías e procesos de fabricación.
- Xestión de procesos na empresa de fabricación.
- Procesos de inxección de plástico, deseño e fabricación de moldes.
- Estudos de mecanizado e condicións de corte: Torneado, fresado e electroerosión.
- Conformado por fundición. Realización de modelos. Near Net Shape Casting.
- Análise dos procesos de conformado.
- Implantación e adaptación de tecnoloxías, métodos e sistemas, ( CAD/ CAM/CAE/ CAX). Programación CAM para Máquinas con control numérico.
- Sistemas de calidade. Metroloxía dimensional, análise e estudo da calidade superficial.
- Desenvolvemento de prototipos en máquina de prototipado rápido por Deposición Fundida de ABS. Tecnoloxías Rapid Manufacturing.
- Aplicación de Project Management, xestión integral do proxecto.
- Formación: Impartición de cursos de Deseño e Fabricación. Propostas de cursos específicos.
Enxeñería Eficiente e Dixital (N.EDI)
Liñas de investigación
- Dixitalización Industrial. Sistemas complexos de integración dixital de servizos industriais (control de produción, rastrexabilidade, mantemento, etc.).
- Enxeñería de Sistemas e Informática Industrial.
- Automatización industrial avanzada de maquinaria.
- Automatización de sistemas de manutención, loxística e produción industrial.
- Desenvolvemento de estándares para a automatización industrial.
- Seguridade industrial.
- Enerxías renovables: simulación e integración en redes eléctricas.
- Redes de enerxía eléctrica: planificación, análise, control e protección.
- Tecnoloxía eléctrica.
- Calidade da subministración.
- Avaliación da eficiencia enerxética en instalación de Termografía infravermella de instalacións eléctricas.
- Sistemas de eficiencia enerxética.
Enxeñería de Fabricación (GEF)
Liñas de investigación
- Estudos de maquinabilidad. Análise de procesos de mecanizado. Mecanizado robotizado.
- Estudos de triboloxía e análises de calidade superficial.
- Deseño, desenvolvemento e simulación de utillaxes e máquinas para os procesos de suxeición, manipulación, transporte de pezas e ferramentas.
- Estudo de procesos de inxección de plástico e deseño de moldes.
- Estudio y análisis de procesos de modelado por fundición.
- Aplicación de tecnoloxías avanzadas, métodos e sistemas CAD/ CAM/ CAX.
Enxeñería Química, Térmica e Ambiental (Chete)
Liñas de investigación
- Captura de CO2: Mellora, control e seguimento.
- Ámbito da Enxeñería Enerxética.
- Estudo das enerxías renovables: enerxía xeotérmica de baixa temperatura.
- Análise, deseño, simulación e optimización de procesos enerxéticos.
- Termografía infravermella aplicada ao sector biomédico e edificación.
- Enxeñería Ambiental.
- Combustibles alternativos: biodiesel de 1ª e 2ª xeración.
- Caracterización fisicoquímica e térmica de fluídos newtonianos e non- newtonianos.
Enxeñaría de sistemas e automática (EI1)
Liñas de investigación
- Automatización industrial avanzada de maquinaria.
- Sistemas de control de árbores e robótica non convencional.
- Impresión industrial 3D.
- Automatización de sistemas de mantemento, loxística e produción industrial.
- Automatización de maquinaria.
- Sistemas complexos de integración vertical de servizos industriais (control de produción, trazabilidade, mantemento, etc.).
- Desenvolvemento de normas para automatización industrial: ISO 10303 STEP, IEC 61131-3.
Laboratorio de Informática Aplicada (LIA2)
Liñas de investigación
- Procesado de imaxes.
- Simulación, optimización e aproximación.
- Enxeñería de espazo.
- Sistemas informáticos intelixentes.
- Gráficos de computador.
- Informática biomédica.
Linguaxes e Sistemas informáticos (SI1)
Liñas de investigación
- Informática Industrial.
- Sistemas de Información.
- Interacción Persona-Ordenador (IPO).
- Ensino asistido por computador.
Redes eléctricas (EÑ1)
Liñas de investigación
- Enerxía eólica: impacto nas redes eléctricas, modelado de máquinas e almacenamento.
- Redes eléctricas: planificación, operación e optimización.
- Liñas eléctricas de alta tensión: análise térmica e eléctrica.
- Campos electromagnéticos: avaliación.
- Sistemas de posta a terra.