Antes da celebración da Cerimonia de Graduación, os últimos cursos do Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos, do Grao en Enxeñaría da Enerxía e do Máster Universitario en Enxeñaría de Minas estiveron toda a semana de Viaxe de Fin de Estudos, catro intensos días realizando visitas a empresas e instalacións representativas dos sectores nos que se move a actividade profesional vinculada á nosa Escola.
A ruta percorreu o norte da Península e o estudantado contou coa compañía das profesoras Salomé Álvarez e Marta Cabeza. Velaí o percorrido:
- Primeira parada, na planta de Reganosa (Mugardos), onde aprenderon os segredos do transporte e a regasificación de GNL
- Segunda parada, en Mina Sonia (Mañón), onde se atopa un dos principais xacementos de cuarcita de Galicia
- Un descansiño na fermosa cidade de Lugo para repoñer forzas
- Comezou a segunda xornada con parada obrigada en @norvento.enerxia
- Visita ás instalacións e o proceso de @arcelormittalgroup en Avilés
- Un pouco de turismo e historia no Museo da Minería e a Industria de Asturias
- Fin de festa na central térmica de @edp.es en Soto de Ribera
Fai clic nas imaxes da ruta para velas máis grandes:
Reganosa
Na planta de Reganosa en Mugardos, comarca de Ferrol
Mina Sonia
Na mina Sonia en Mañón, comarca de Ortegal
Murallas romanas
Noite en Lugo
Norvento
En Norvento Lugo
Museo Minería
No Museo da Minería e a Industria, en El Entrego, Asturias
Arcelor Mittal
En Arcelor Mittal en Avilés
EDP
Central Térmica de EDP, Ribero de Arriba, Asturias
MOITAS GRAZAS
A Escola quere agradecer a axuda e dedicación que nos prestaron todas as persoas que nos atenderon nas visitas, así como ás institucións que colaboraron para facer esta viaxe.