A Plataforma Minería Sostible de Galicia, na que está integrada a EME, recibe o 1º Premio “Fundación Minería y Vida”

A Plataforma Minería Sostible de Galicia, da que a Escola é partícipe, recibiu un dos Premios Nacionais da “Fundación Minería y Vida”, entregados o 15 de outubro en Sevilla. Trátase da primeira edición destes galardóns, que recoñecen as mellores prácticas de desenvolvemento sostible na industria extractiva.

A Plataforma recibiu e premio na categoría de entidade privada destacada pola súa capacidade de innovación e de comunicación divulgativa en materia de sostibilidade, en concreto polo “seu labor de difusión, divulgación e transferencia de coñecemento no sector mineiro a través do desenvolvemento de guías e manuais de boas prácticas, do apoio a proxectos comunitarios de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), da formación en seguridade laboral, do impulso á I+D+i en tecnoloxías mineiras e da adopción de tecnoloxías avanzadas e ecoeficientes”.

Esta plataforma está integrada por: Clúster da Pizarra de Galicia, Asociación Galega de Áridos, Asociación Galega da Propiedade Balnearia, Asociación Galega de Empresas de Envasado de Auga Mineral Natural, Asociación Provincial de Graniteiros de Ourense, Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (Universidade de Vigo), Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal (Universidade da Coruña), Colexio Oficial de Xeólogos, Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste, Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos e Graos en Minas e Enerxía de Galicia. Conta tamén coa colaboración do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IGME).

[Na imaxe superior instantánea de representantes da Plataforma na recollida do Premio].