Dende 1994 a asociación Women’s Engineering Society (WES) promove o 23 de xuño como o día internacional da Muller na Enxeñaría. Tamén, desde o ano 2022, a asociación International Women in Mining (IWiM) promove o 15 de xuño como Día Internacional da Muller na Minería.
A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía (EME) súmase a estas celebracións e convoca no mes de xullo o 3º concurso de microrrelato baixo o título Contos para a Escola de Minas e Enerxía (Contos_EME 2024).
Podes descargar o folleto coas bases da convocatoria premendo no seguinte botón
Folleto coas bases