Para xestionar as ofertas de emprego da Axencia de Colocación da Universidade de Vigo hai que empregar a plataforma JobTeaser. Este servizo inclúe contido reservado para as persoas da comunidade universitaria, tanto para o estudantado como para os Alumni-UVigo.
Requisitos e compromisos de uso da plataforma
Como usuario ou usuaria da axencia de colocación, para poder presentar a túa candidatura ás distintas ofertas de emprego terás que cumprir unha serie de compromisos:
- Rexistrarte en JobTeaser
- Subir o teu currículo. O Servizo de Orientación Laboral está á túa disposición para guiarte na elaboración do teu CV.
- Participar nalgunhas das actividades de formación para o emprego.
- Informar do resultado das túas entrevistas laborais e dos procesos de selección.
A través de JobTeaser poderás:
- Coñecer ofertas de emprego, nacionais e internacionais, moitas delas exclusivas para a nosa universidade, así como bolsas de formación práctica, relacionadas co teu perfil profesional e os teus criterios de busca.
- Descubrir as entidades colaboradoras da Universidade de Vigo e acceder a vídeos de presentacións de empresas e de profesións seleccionadas por sector de actividade.
- Acceder a consellos e recursos para a busca de emprego e á axenda de eventos da Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo.
- Recibir unha newsletter semanal con información de novas e eventos que poden axudarte a mellorar a túa empregabilidade e facilitar o teu acceso ao mercado laboral.