O Plan de Acción Titorial (PAT) da EME recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do alumnado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.
Supón superar o modelo especificamente académico, só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo no que conflúen ademais funcións socio educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-alumno/a, alumno/a-alumno/a, etc.
Apóstase, en definitiva, polo desenvolvemento persoal, ademais do académico.
Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do alumnado, que normalice as distintas accións e acade un axeitado equilibrio entre as expectativas do alumnado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.
O plan de acción titorial apunta directamente cara á garantía e á adecuación dos métodos de ensinanza, aprendizaxe e avaliación, á adquisición de competencias do alumnado, á atención á diversidade, á orientación á aprendizaxe, etc., recollidos dunha forma ampla tanto nas memorias dos títulos como no sistema de garantía de calidade da Escola.
Documentos e enlaces
- Plan de Acción Titorial vixente (Aprobado en XE do 19/06/2024)
- Persoas mentoras no curso 2022/2023
Coordinación do PAT
Ana Mº Rodríguez Rodríguez
(Responsable do estudantado con necesidades educativas especiais)