Con esta nova queremos felicitar ao noso compañeiro, o estudante Abraham Novas Verde, polo 3º premio ao Mellor Poster presentado ao 6th International Conference on Environmental Geotechnology, Recycled Waste Materials and Sustainable Engineering (EGRWSE-2025).


O seu traballo “AutoML risk analysis for potential mineral enrichment areas”, foi desenvolvido en colaboración coas investigadoras da nosa Escola María Pazo, María Araújo e Eduardo Giráldez, xunto con Margarida Antunes (UMinho – Portugal). Ademáis, forma parte do proxecto “Mellora da xestión da calidade das augas: modelos dinámicos de aprendizaxe automática e aprendizaxe profunda (DLWATER)” (PID2023-148012OB-I00 financiado por MICIU/AEI /10.13039/501100011033 e por FEDER, EU).
Abraham foi tamén recoñecido este ano co Premio Extraordinario do Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos do plan novo.
Parabéns!!!