A profesora Mercedes Solla, unha das personaxes da 5ª edición do catálogo Quero ser investigadora

A Universidade de Vigo volve publicar, e vai pola quinta edición, o catálogo Quero ser investigadora. Nesta nova entrega, o proxecto adáptase á evolución do seu público cun cambio de formato que busca achegar máis a realidade das científicas á rapazada: entrevistas en estilo directo, un audiolibro narrado polas propias protagonistas e unha versión de lectura fácil. A inciativa supón un un paso adiante no compromiso coa divulgación científica e co fomento das vocacións STEM entre a mocidade, especialmente entre as nenas. Como parte desa vontade de achegarse ao público, a edición opta pola fotografía como fío visual do relato, a través da mirada da fotógrafa Charo Lopes (Boiro, 1988).

A enxeñeira Mercedes Solla Carracelas, é unha das 10 investigadoras que aparecen no catálogo. É profesora da nosa Escola, da Área de Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría, e do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente. Investiga co grupo Geotech e no Cintecx, e recoñece que o seu traballo baséase na fascinación por “ver máis aló do que é visible”, interpretando sinais ocultas na terra a través do xeorradar.

Aquí podes escoitar a entrevista que lle fan no audiolibro Quero ser investigadora:

ESCOITAR ENTREVISTA

 

E premendo neste outro botón descargar o catálogo en PDF [8,2MB]:

VER / DESCARGAR CATÁLOGO