A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo acolleu o pasado 9 de abril a primeira edición da Olimpíada da Enerxía. Trátase dunha iniciativa de divulgación científica dirixida a estudantes de 4º da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de FP de Galicia. O proxecto, financiado pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) no marco da convocatoria de axudas 2023 do Ministerio de Ciencia e Innovación, nace co obxectivo de fomentar o coñecemento e a comprensión da ciencia e da tecnoloxía asociadas ao sector enerxético, así como de espertar vocacións STEM entre a mocidade.
Durante a xornada, 150 estudantes de 16 centros educativos participaron nunha competición que combinou probas teóricas e prácticas, tanto individuais como en grupo. As actividades incluíron cuestionarios, probas de programación con Arduino, obradoiros de debate sobre retos tecnolóxicos no ámbito enerxético e unha proba de divulgación científica na que o alumnado tivo que explicar a un público non especializado temas relacionados coa enerxía. Ademais, desenvolvéronse obradoiros divulgativos a cargo do profesorado da escola, como Benito Vázquez Dorrío, María Araujo Fernández e Javier López Bértolo.
Tamén destacaron as probas Mulleres Enerxéticas, centrada en visibilizar o papel das mulleres no sector mediante fichas divulgativas, e Fake News, na que os participantes analizaron textos sobre enerxía para detectar información enganosa e elaboraron pósters explicativos. Ambos materiais foron expostos durante o evento. Estas actividades enmárcanse nun dos obxectivos clave da Olimpíada: combater a desinformación científica e poñer en valor o papel fundamental do sector enerxético na sociedade actual, tanto nas súas dimensións ambientais como sociais e económicas.
En vista das valoracións positivas por parte dos participantes e o seu profesorado, pode asegurarse que a I Olimpíada da Enerxía cumpriu coa súa misión: achegar o mundo da enerxía ao público máis novo fomentando os seus coñecementos, a súa curiosidade e, tal vez, espertando as vocacións de futuros enxeñeiros e enxeñeiras. Todo apunta a que esta foi só a primeira edición dun proxecto que veremos repetirse e crecer ao longo dos anos.
Entrega de Premios
O estudantado participante nesta I Olimpíada da Enerxía recibiu unha medalla e un diploma de participación, así como un pequeno agasallo da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía. A maiores repartíronse múltiples premios. En cada unha das seis probas entregáronse tres premios e houbo tamén galardóns para os centros educativos, primeiro e segundo premio a cada categoría –centros de ESO e bacharelato e centros de Ciclos Superiores de Formación Profesional–. Foron 400 euros para os primeiros premios e 200 para os segundos, concedidos ambos polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do NO. Concedéronse tamén Premios Naturgy Renovables aos primeiros centros clasificados consistente nunha visita a unha instalación de renovables deste grupo.
Entregaranse tamén os Premios Enerxéticas, primeiro e segundo premio para as estudantes mellor clasificadas.
Abaixo pódese ver unha galería coa entrega dos galardóns.
Mellor Centro de ESO/Bacharelato e Ciclo Superior de FP
Premio Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España.
Mellor Centro ESO e/ou Bacharelato
1º Premio. IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Mellor Centro ESO e/ou Bacharelato
2º Premio. IES do Castro
Mellor Ciclo Superior de FP
1º Premio. CIFP Ferrolterra
Mellor Ciclo Superior de FP
2º Premio. CIFP Universidade Laboral
Premio Naturgy
Mellor Ciclo Superior de FP
1º Premio. CIFP Ferrolterra
Mellor Centro ESO e/ou Bacharelato
1º Premio. IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Premios por probas
Premiados/as na proba Test Teórico
Proba Test Teórico
3º Premio. IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Proba Test Teórico
2º Premio. IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Proba Test Teórico
1º Premio. IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Premiados/as na proba kit Arduinio
Proba kit Arduino
3º Premio. IES do Castro
Proba kit Arduino
2º Premio. IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Proba kit Arduino
1º Premio. CIFP Ferrolterra
Premiados/as na proba Divulgación Científica
Proba Divulgación Científica
3º Premio Divulgación. CPI Virxe da Saleta de Cea
Proba Divulgación Científica
2º Premio Divulgación. CIFP Universidade Laboral de Culleredo
Proba Divulgación Científica
1º Premio Divulgación. IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia
Premiados Premiados/as na proba Debate
Proba Debate
3º Premio. IES A Guía
Proba Debate
2º Premio. IES Lagoa de Antela
Proba Debate
1º Premio. IES do Castro
Premiados/as na proba Fake News
Proba Fake News
3º Premio. IES Lagoa de Antela
Proba Fake News
2º Premio. IES Castelao
Proba Fake News
1º Premio. IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Premiados/as na proba Mulleres Enerxéticas
Proba Mulleres Enerxéticas
3º Premio. CIFP Ferrolterra
Proba Mulleres Enerxéticas
2º Premio. IES Plurilingüe Rosalía de Castro
Proba Mulleres Enerxéticas
1º Premio. IES A Guía
Premio a alumna mellor clasificada
Premio Enerxéticas
2º Premio. CIFP Universidade Laboral
Premio Enerxéticas
1º Premio. CIFP Universidade Laboral
Premio Enerxéticas
Lolita e Nuria do CIFP Universidade Laboral
Facendo clic no botón de abaixo vaise á web da I Olimpíada con toda a información do evento e unha ampla galería de imaxes de onde recollemos as fotos e as informacións da entrega de premios.
Ir á web da I Olimpíada da Enerxía