A Escola celebrou o 11 F, o día de Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía celebrou o 11F coa participaron dun grupo de 28 alumnas do IES Ricardo Mella. Divididas en grupos participaron en catro obradoiros : The Wall, The Science Games: catching fire, taller de pinturas e minerais, e un particular quebracabezas.

Construindo muro máis resistente no obradoiro The Wall

Unha das cousas que máis lles chamou a atención foi o obradoiro The Wall, unha competición grupal para construír o muro de terra armada máis resistente. Tamén lles interesou The Science Games, unha xincana sobre os principais conceptos da combustión e as súas aplicacións, incluíndo unha parte máis interactiva con distintos experimentos. A maiores, no quebracabezas mineral-metal-aplicación o reto foi relacionar o mineral do que se extraen diferentes metais que logo se utilizan en aplicacións que lle son familiares no seu día a día.

Este evento está organizado pola EME e máis a Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo. A Escola celebra o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia desde hai anos.

A ONU instaurou este ano no 2015, polo que sen do este o 10º ano da conmemoración, a Organizaci´ñon internacional cre é o “momento de facer esforzos continuos para abrir camiños para mulleres e meniñas na ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemática”, destacando a inclusión deste grupo de poboación no enfrentamento a desafios globais como é o cambio climático e a saúde pública.

A data foi proclamada pola Asemblea Xeral da ONU para unir a comunidade internacional sobre a necesidade de igualdade de xénero na ciencia para atinxir a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e os 17 Obxectivos das metas globais. Nesta ligazón podes atopar a web.