Pablo Alonso González, alumno do Grao en Enxeñaría da Enerxía, foi galardoado cun dos Premios traballo fin de estudos con contidos en temas relacionados co emprendemento, convocados pola Universidade de Vigo. O seu traballo, titulado “Predición de alertas de mal funcionamento en turbinas eólicas con aprendizaxe profunda”, dirixido polos investigadores María Pazo Rodríguez e Xurxo Rigueira Díaz, recibiu o primeiro premio na categoría de mellor traballo fin de grao no ámbito da enxeñaría.
O proxecto consistiu no desenvolvemento dun sistema de aprendizaxe profundo para previr alarmas críticas en turbinas eólicas. Estas alarmas, que poden resultar en paradas non planificadas dos aeroxeradores, representan un desafío significativo na industria da enerxía eólica. Neste contexto, o obxectivo principal deste estudo foi desenvolver e avaliar modelos preditivos para a identificación temperá de tres tipos de alarmas en turbinas eólicas (alta temperatura no aceite da multiplicadora, temperatura crítica do devanado do estator do xerador e emerxencia na unidade de control do convertedor) enfocándose no seu impacto operativo e nas implicacións críticas de cada unha delas. Grazas á detección tempera destas alarmas, é posible implementar un mantemento preventivo que mellore a eficiencia operativa dos sistemas, incrementando a confiabilidade e a rendibilidade dos parques eólicos.
A entrega de recoñecementos celebrouse o pasado 20 de setembro en Pontevedra, facéndoa coincidir coa XI edición de Pont-Up Store.
Dende a EME animamos ao noso estudantado a participar neste tipo de convocatorias que recoñecen o talento e a capacidade do alumnado para desenvolver proxecto innovadores.
Queremos tamén transmitir as nosas felicitacions a Pablo polo seu esforzo e dedicación. Parabens!