A escola participou nesta nova edición da feira que un ano máis organizou a Unidade de Cultura Científica, pero esta vez celebrouse na Ferrería de Pontevedra o 31 de maio. Baixo o lema infloresciencia, o evento amosou o traballo do persoal investigador da UVigo, e no noso caso da EEME, á cidadania.
Os nosos compañeiros Moisés Cordeiro e David García, investigadores da EME, fixeron demostracións das utilidades e usos que ofrece unha cámara termográfica na eficiencia enerxética dos edificios.
A feria é unha actividade de acceso libre gratuíta dirixida a un público familiar que está formada por obradoiros, espazos interactivos, xogos e charlas divulgativas para todos os públicos.
Libros, conversas e un xogo de rol
Xunto a esta serie de obradoiros e xogos, a feira contou cun espazo no que tiveronn lugar dúas conversas centradas en libros divulgativos promovidos ao abeiro do plan Ciencia de Ida e Volta. De Quero ser unha investigadora 4, a que a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama, mantivo unha conversa con algunhas das protagonistas da publicación. A continuación, integrantes dos grupos GETS-IT e Post-Growth Innovation Lab presentaron o Minidicionario de xustiza social. Tamén neste espazo, ás 19.00 horas tivo lugar a charla A alimentación do futuro? O papel dos insectos na industria alimentaria, a cargo do investigador Nuno Muñoz, do grupo BiotecnIA.