No ano 2023, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía puxo en marcha o 2º concurso de relatos curtos, Contos_EME2023.
Creáronse dúas categorías, unha para alumnado de Institutos de Educación Secundaria e Bacharelato ou Ciclos Superiores de FP e outra para Grao e Mestrado da Universidade de Vigo. As bases fixaban, entre outras cousas, a frase inicial dos contos. Tivemos participantes de institutos de toda Galicia e de varios centros da universidade. En total foron 19 de institutos e 7 da Universidade de Vigo.
O xurado do concurso estivo formado por tres persoas en representación do estudantado, do persoal de administración e servizos e do profesorado da Escola, e dúas persoas alleas á mesma:
- Cinthia Carou González, estudante do Mestrado Universitario en Enxeñaría de Minas.
- Mª Carmen Romo Pérez, xefa do negociado Asuntos Xerais
- Teresa Rivas Brea, profesora da área de Explotación de Minas.
- Azucena Arias Correa, experta en igualdade e profesora da área de Didáctica das ciencias experimentais.
- José Montero Reguera, escritor, cervantista e profesor da área de Literatura Española.
O xurado reunido o 20 de novembro acordou outorgar os seguintes premios:
Gañadora da categoría de alumnado matriculado en Bacharelato
Inés Combo García (Colexio La Salle de Santiago)
Gañador na categoría de estudantado da Universidade de Vigo
Julián Zubimendi Sánchez Ocaña (Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía)
Accésit na categoría de Bacharelato
Mencía Jorge Cabaleiro (IES Castelao, Vigo)
Accésit na categoría de estudantado da Universidade de Vigo
Diego Costas Moyano (Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía)
A organización quere agradecer a todas as persoas participantes a boa acollida deste concurso e aos membros do xurado a súa dispoñibilidade para a lectura e selección dos premiados.
Premendo no seguinte botón pode descargarse a decisión do xurado e o conxunto de relatos premiados:
Descargar PDF