A Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía consolida a súa colaboración con universidades latinoamericanas a través da mobilidade internacional

Catro estudantes e catro docentes serán os beneficiarios das bolsas de mobilidade financiadas polo programa internacional KA171-HED- Mobility of higher education students and staff supported by external policy funds, coordinado pola Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVigo coas universidades Técnica Federico Santa María (Chile) e Católica del Norte (Chile) e a Escuela Politécnica de Chimborazo (Ecuador). 

Cun financiamento de 39.000 euros, o programa, que arrancaba nas últimas horas, permitirá consolidar unha colaboración que se iniciou en 2019 coa concesión dun programa de mobilidade coas universidades chilenas. Nesta convocatoria do programa incorpórase a Escuela Politécnica de Chimborazo de Ecuador, coa que a EME asinara un convenio de colabora ción no ano 2021. “O programa KA171-HED- Mobility of higher education students and staff supported by external policy funds financia a mobilidade do alumnado e o estudantado, concedendo catro bolsas de mobilidade para alumnado (dúas para mobilidade entrante e dúas para saínte) e outras catro bolsas para mobilidade de profesorado, tamén entrante e saínte”, detalla Elena Alonso Prieto, directora da EME.

Un paso máis na consolidación da relación con universidades latinoamericanas

A xuntanza de lanzamento do proxecto KA171-HED- Mobility of higher education students and staff supported by external policy funds celebrouse nas últimas horas e nela participaron representantes das tres universidades latinoamericanas e da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, que estivo representada pola súa directora; Santiago Pozo, director da Área de Promoción da Internacionalización da UVigo e Francisco Deive, responsable de Relaciones Internacionais do centro. Con este proxecto, segundo Elena Alonso, “consolidamos a colaboración con universidades latinoamericanas nos ámbitos da extracción e tratamento de recursos minerais e enerxéticos, remediación de augas contaminadas por actividades mineiras e restauracións mineiras”. 
 

Ler a noticia completa no DUVI