A EE de Minas e Enerxía entrega os premios Enfoca.RME e Curtametraxes enerxéticas 2020

Santiago Pozo e Elena Alonso, nos estremos, acompañados por Pablo Chedas (en representación de Manuel Diz) e Javier González

Non puido ser unha celebración como noutras ocasións pero desde a Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía tampouco querían deixar de celebrar a súa patroa, Santa Bárbara. Neste contexto, marcado polas medidas de seguridade fronte á pandemia, este venres celebrouse de xeito semipresencial a entrega de premios dos concursos de fotografía e curtametraxes que se organizan desde o centro co dobre obxectivo de axudar a proxectar as súas titulacións e concienciar sobre a importancia de facer un emprego sostible dos recursos minerais e enerxéticos respectando o medio ambiente.

Ler a nova completa no DUVI