“Que nos graos de Informática só un 12,2% do alumnado sexan mulleres é un fracaso social”

A actividade está organizada por profesoras da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía

Hai moitas cifras no panorama educativo, tanto xeral como universitario, que amosan ás claras a existencia dun teito de cristal e dunha desigualdade real que se perpetúa a pesar dos avances na esfera formal. Estes nesgos de xénero na docencia universitaria permiten analizar a situación e as súas causas, algo que quixeron facer varias docentes da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía a través unhas xornadas. A directora do centro, Elena Alonso e a profesora Teresa Rivas foron as impulsoras dunha proposta de dous días de duración, unha conferencia hoxe martes e un obradoiro o xoves, impartidos por Llerena Perozo, directora de Versátil Servizos Editoriais e especialista en comunicación e xénero.

O obxectivo é identificar o sexismo na docencia universitaria e recoñecer a importancia de incluír a perspectiva de xénero na docencia, nos espazos universitarios e no sistema académico. Esta xornada enmárcase dentro das Axudas da Unidade de Igualdade a actividades docentes con perspectiva de xénero.

Ler a nova completa no DUVI